LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
FISOBER “B” F.S.F. – VILLA DE CEE : 1-2.
FISOBER B : Anabel, Tamara, Paula Fandiño, Nuriña
e Laura ; tamén xogaron : Andrea Piroja, Andrea Muíño e Paula Lema.
VILLA DE CEE :
Carla , Alba, Adriana, Andrea e María ; tamén xogaron :Marta, Paula, Sandra e Laura.
ÁRBITRO : Marcos
Pérez , CRONO : María Rey.
GOLES : 1-0 Paula Fandiño , ( descanso ), 1-1
Andrea, 1-2 Andrea.
Partido disputado
na tarde do martes 23 no Pavillón de Vimianzo co que o equipo de Provincial do
Fisober poñía fin o 2014 para o club cun derbi.
Partido moi
igualado que novamente caeu do lado visitante , é que a sorte non está a axudar nada o filial como
local que aínda non acadou puntuar en Vimianzo.
Arrancaron os
dous equipos nerviosos o tratarse dun derbi e conscientes de que os erros neste
tipo de partido se pagan.
Bo inicio do
filial que dominaba o balón fronte a unhas visitantes que esperaban para saír
en perigosas contras.
Así foron pasando
os minutos con algunha que outra ocasión para ambos equipos pero sen moverse o
electrónico. Ambos equipos algo precipitados nos metros finais.
Ata que a oito
minutos unha falta no borde do área foi executada pola infantil Paula Fandiño que aproveitou que a barreira
se abriu para poñer as locais en vantaxe no marcador.
A partires de
aquí foron os mellores minutos dun filial que tivo ocasións para acadar o
segundo pero non o logrou, a máis clara nas botas da infantil Nuriña.
Chegaba o tempo
de lecer o filial con vitoria pola mínima. No arranque da segunda deu un paso
adiante na súa presión o Villa de Cee na busca de trocar o resultado.
Isto xuntouse cun
mal inicio do filial , algo precipitado
e nervioso na saída desta segunda metade.
Así foi como os tres minutos a ex do
Fisober, Andrea igualaba o partido. E
tres minutos despois a mesma Andrea
poñía en vantaxe as visitantes.
O filial perdía
nun abrir e pechar de ollos a vantaxe que tanto lle custara acadar. De novo
tocaba remar contra corrente. E
tentárono as xogadoras do filial,
novamente colleron o dominio do balón e do xogo na busca de igualar o partido.
As visitantes buscaban acadar unha contra que matara definitivamente o partido.
E así foron
pasando os minutos, cun filial cada vez máis preto da igualada que non chegaba.
A ocasión máis clara para lograla foi un lanzamento de Paula Fandiño o trabe e o seu rexeite que petou en Tamara, paseouse pola liña de
gol sen querer entrar i é que a sorte non está a acompañar.
Chegándose co un
a dous o final deste intenso, emocionante e igualado derbi.
A competición
volverá o vindeiro 10 de Xaneiro de 2015, FELIZ ANO a todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario