SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO : LEIS
PONTEVEDRA – FISOBER F.S.F. : 1-2.
LEIS : Tamara,
Marta, Sofía, Bibi e Anita ; tamén xogaron : Bea, Patri, Carmen Zas, Loló, Mar
e Helena.
FISOBER : Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia ;
tamén xogaron : Raquel e Mai.
ÁRBITROS : Yoel
Castro e Carlos Martínez ; CRONO : Jose González.
GOLES : 0-1 Noelia , 0-2 Inés ; ( descanso )
1-2 Patri.
Partido disputado
o sábado en Pontevedra no P.M. dos Deportes de Pontevedra cunha boa presenza de
público nas gradas.
O Fisober acadou
a primeira vitoria da tempada despois dun intenso, emocionante e vibrante derbi, no que todas e cada unha das xogadoras
costeiras tiveron que facer un enorme esforzo e deixar ata a última gota de
suor nun partido que superou as dúas horas de duración.
Os dous equipos
eran conscientes da importancia do partido e querían golpear primeiro. E quen o
fixo foi o Fisober cando os tres minutos un lanzamento dende fora do área de
Noelia se coaba na portería local para
poñer en vantaxe as costeiras.
Ese gol deu
tranquilidade as visitantes, que vían como o partido se xogaba o ritmo que elas querían.
O partido
transcorría sen demasiadas ocasións por ningunha das dúas escadras.
Co paso dos
minutos apretaban un pouco máis as pontevedresas. Pero atopáronse con Leti ou
cos paus en dúas ocasións.
A falta de trinta
segundos para finalizar a primeira
metade, nun saque de esquina a visitante Inés foi a máis lista e fixo o cero a
dous a prol das costeiras.
Saían de
vestiarios as visitantes con dous goles de vantaxe e ca tranquilidade que isto
lles daba. E o partido parecía seguir co
mesmo guión da primeira metade.
Pero todo trocou
cando os cinco minutos a local Bibi vía o segundo cartón amarelo e deixaba en
inferioridade as súas, o partido xa non volveu a ser o mesmo. Neses momentos
apareceu a porteira local Helena para manter a salvo as locais ante o acoso
visitante.
O partido
volvíase tolo e máis aínda cando a piques de recuperar a inferioridade as
locais era o Fisober quen perdía a
Myrella tamén por dobre cartón amarelo. A película trocaba de lado e agora era
Leti a que mantiña as súas.
Máis aínda cando
o Fisober viviu os últimos dez minutos co pesadelo das cinco faltas sobre as
súas costas. Algo que permitiu as locais disfrutar de ata tres dobres penaltis,
e os tres foron desviados por unha Leti que se voltaba infranqueable para as
xogadoras do Leis.
O Leis apretaba e
o Fisober tentaba aproveitar unha contra e matar o partido, as
porteiras tomaban máis protagonismo. Pero o que chegou foi un libre indirecto a
prol das locais no borde do área a pouco
máis de dous minutos para o fin do
partido . Un lanzamento de Patri e unha serie de rexeites puxeron o un a dous
no electrónico.
O que fixo o
final deste interminable partido máis
emocionante e tolo se cabe pero o marcador xa non se moveu máis. Os dous
equipos deixaron todo sobre a pista pero os puntos viñeron cara a Costa, como
premio o traballo que viñan facendo sobre a pista as costeiras nos seus
partidos e que por fin atoparon a súa recompensa.
A vitoria
permite saír do descenso o Fisober e disfrutar
dunhas semanas de tranquilidade antes da visita o próximo día 13 do líder Soto
del Real, xa que a vindeira semana non haberá liga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario