The beggining of
the end , así arranca unha famosa web europea de basket sobre Laso e así tamén
vou arrancar eu. Pero como xa dixen con anterioridade iso non se produciu onte,
iso sucedeu naquela prórroga en Milán como xa ben dixen no pasado.
Levaba semanas
postergando este artigo, deixando comentario tras comentario dende o verán no Face do blog ou “retuiteando”
compulsivamente sobre está situación que se vía vir. Creo que funciono mellor
con pequenas frases de cabreo que tentando fusionar todo aquí.
Víase vir por
unha razón moi simple, xa nadie confía en nadie nese vestiario-club ou esa
sensación da. Nin os dirixentes querían a Laso, nin Pablo quería este equipo.
A saída dos
axudantes de Laso, a saída de Darden ……, eran pequenas pedras no camiño
buscando que Laso dimitise e aforrar o finiquito ou iso me parecía a min.
De todos é
sabido, polo menos se me ledes que a min Laso nunca me entrou polo ollo, dende
o primeiro día e cada vez que falla algo sempre mirei primeiro cara el.
Pero dende o
verán cos movementos tan raros que vin, ollei cara o palco. Viñen raiando a xente
todo o santo verán, nadie dicía nada e padecíamos ou aparentábamos un sen
goberno. Non entendía os
cambios de cromos, o final , moi o final pois ata me gustou o plantel que
quedou que queredes que vos diga, pero non as formas. Entendín desfacernos de
Draper polas pelas, desfacernos de Darden polo pasaporte, consciente de que a
defensa ía sufrir. Pensando no deportivo vs económico entendín como quedou
configurado o plantel.
Tampouco entendín que continuara Laso se a todas luces nadie confía nel dentro. ese fichaxe de axudantes "galácticos" para que ? para ter recambios cando o chimparan. E día
a día vese. Toda a confianza que tiñan/tiñamos todos co catanese ( Don Ettore,
que desastre foi para nos ) ou con semifinalinho ( Mou, que con números peores
que Pablo, idolatramos e idolatran
dentro ) , o primeiro revés destapouse que non temos con Lolaso, e se non
cremos non debeu continuar. O club dudou, duda e dudará de Laso e no deporte
non podes dudar, hai que ir a morte co mister, si dudas outro para o sitio.
Para mostra os
tempos mortos, cada un mira para un lado e xa nin se axita o mister, explica unha
miserenta xogada e listo.
E no basket as
derrotas que levamos a estas alturas non significan nada, non serían ningún
problema, claro exemplo o Barça que con números similares non pasa nada, unha
mostra máis que hai demasiada xente querendo tirar con Laso.
Eu a Laso o que
máis lle critico son as millonarias renovacións de Carroll a estas alturas un ex
xogador para o nivel que esixe o Real Madrid en defensa un auténtico boquete,
ou de Marcus tamén a prezo de ouro para un xogador moi bo para o sistema Laso pero non é cupo e cobra
un pastón a outro prezo ou con pasaporte a min váleme. Sobre todo ca horrenda
defensa que estamos a ver, que peniña, calquera nos fai 90 puntos.
Pero o seu gran
problema é que involuciona en vez de evolucionar, morremos e vivimos polo
triple, catro anos e os nosos pivots seguen a ser residuales, non lle valía
Begic, nin Tomic, e afundiu na misería a Mejri, Ayón e Bou que noutros equipos
seguro que se salen.
Todo se resume en
que xa nadie confía nel e todos están esperando a velo caer. Efes, Obra, Barça
e Unicaja antes de fin de ano poden tumbalo antes do previsto.
Pero non nos
equivoquemos a culpa será de quen o mantiveron sen darlle total confianza, así
de simple, o vestiario oleu o sangue e ………….
Son moi repetitivo pero cabreome con isto xa que aguantar a desgana con algo que non queres solo comprica as cousas é como cando unha parella está o borde do divorcio e busca un fillo para arranxalo. Os problemas aumentan, xa que o divorcio vai chegar e agora tes un fillo máis no medio, así parece esta situación.
Ou confiabas cegamente en Laso ou o chimpabas , medias tintas non valen, o palco é o gran culpable. O local de chicas de vida alegre que fomos no verán explica o descontrol que aparentamos agora.
Ou confiabas cegamente en Laso ou o chimpabas , medias tintas non valen, o palco é o gran culpable. O local de chicas de vida alegre que fomos no verán explica o descontrol que aparentamos agora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario