LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – 5 CORUÑA : 1-2.
FISOBER B : Anabel,
Andrea Muíño, Andrea Piroja, Alejandra e Paula Fandiño ;tamén xogaron : Nuriña,
Antía, Natalía, Laura e Paula Lema.
5 CORUÑA : Gema, Lupe, Raquel, María e Alicia ; tamén
xogaron : Sofía, Elena e Ana .
ÁRBITRO : Rubén García, CRONO : Gerardo Pájaro.
GOLES : 0-0 ó descanso ; 1-0 Alejandra , 1-1 Lupe , 1-2 María.
Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón Municipal
de Vimianzo, onde o filial se lle escapou un
partido nuns últimos dous minutos tolos, xa que gañaba a falta de dous
minutos e perdeuno a falta de cinco segundos, pecados de xuventude.
Pero de todas formas deixou unha magnífica imaxe ante o líder.
Sabía o filial
que non debía cometer erros e deixalo todo na pista se quería competir o
partido e así o fixo. Todas e cada unha delas , dende as dúas porteiras ata a última das
xogadoras de pista amosaron que poden competir con calquer equipo si saen
concentradas o partido.
E así un filial moi concentrado foi capaz de parar
as acometidas do líder e poñelo en apuros cando tocaba. Despois dese gran
traballo e un bo xogo combinativo foron
quen de chegar o tempo de lecer con igualada no electrónico.
A volta dos
vestiarios mesmo guión e mesmo traballo das costeiras. E mellor se lles poñía
cando Alejandra, que facía o seu primeiro gol da tempada, adiantaba o filial.
Entraba a
ansiedade nas visitantes que non querían deixar escapar os puntos. As locais defendían
a súa vantaxe. E cando a pouco máis de dous minutos as herculinas estaban a
piques de tirar a toalla, lograban a igualada.
Foi un mazazo
para o filial que aínda así non se rendeu. A trinta segundos para o fin un lanzamento
de Paula Fandiño foise bicando o pau no que parecía o dous a un para as locais.
Pero o partido non rematara e o destino tíñalles gardada unha desagradable
sorpresa o magnífico traballo das costeiras , que foi cando a cinco segundos
para o fin as herculinas aproveitaban un rexeite para facer o segundo gol e
levarse un partido que tiñan perdido dous minutos antes.
De todos modos
alabar o traballo do filial que amosou a maneira de como debe saír a pista,
agora toca tentar ser máis regulares e corroborar a boa imaxe nos partidos
seguintes.
A vindeira semana
non hai liga, o filial volta a competición o día 13 visitando as coruñesas do
C. Meca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario