SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO :
FISOBER F.S.F. – SOTO DEL REAL : 0-8.
FISOBER : Leti, Ana, Raquel, Inés e Noelia ; tamén
xogaron : Mai, Tamara e Laura.
SOTO : Elena,
Coral, Marta, Belén e Isabel ; tamén xogaron : Patri, Laura, Patricia, Ana e
Raquel.
ÁRBITROS : Xurxo
García e Óliver Cardero , CRONO: Pablo Guntín.
GOLES: 0-1 Patri,
0-2 Patri, 0-3 Laura, 0-4 Raquel, 0-5 Belén, ( descanso ), 0-6 Belén, 0-7
Ana, 0-8 Raquel.
Partido disputado
na tarde do sábado no Pavillón de Vimianzo con dúas facianas moi diferentes
para o Fisober.
A negativa no
deportivo onde o líder invicto o Soto del Real gañou con autoridade as
costeiras.
A positiva a da
xornada solidaria, que foi un éxito grazas o enorme traballo dos compoñentes da
Peña Marea Nejra, a xente que colaborou aportando o seu gran de area, en forma
de xoguetes ou alimentos , que se acercou o Pavillón de Vimianzo e resaltar
tamén as animosas compoñentes das categorías inferiores do Fisober que non
deixaron de animar durante a xornada a pesar dos resultados tanto en Nacional
como en Provincial.
No netamente
deportivo. O partido comezou cun gran ritmo e vistosidade . Con ocasións por
ambos lados. Para as locais , Raquel e Inés tiveron moi boas ocasións para
adiantar as costeiras.
Pero os seis
minutos, a visitante Patri aproveitaba unha xogada de pizarra a saque de
esquina para adiantar as súas.
Pouco a pouco e
co paso dos minutos cada vez as madrileñas eran máis superiores. Así os doce
minutos de novo Patri se atopaba co gol para facer o cero a dous.
Dende aquí as
visitantes foron un auténtico vendaval, amosando un gran fútbol sala o cal as locais
eran incapaces de frear, deixando as credenciais de porque son líderes invictas
da competición.
A cinco para o
fin da primeira metade foi Laura a que facía o terceiro visitante, un minuto
despois Raquel facía o cuarto e chegando o último minuto era Belén a que facía
o quinto co que se chegaba o tempo de lecer.
No arranque da
segunda metade non cambiou o guión , nin o dominio visitante. Aguantaron o
primeiro empuxe as costeiras, ata que no minuto sete de novo Belén facía o
sexto.
Mediada está
segunda metade a dez e oito minutos para o fin respectivamente eran Ana e Raquel as que establecían o
definitivo cero a oito no electrónico.
Dende aquí ata o
fin xa non mudou o marcador, nun duro partido para o Fisober ante un potente
rival. A pesar da contundente derrota os resultados da xornada axudaron e
permiten as costeiras seguir fora do descenso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario