LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : GRUPO
WORK – FISOBER “B” F.S.F. : 2-0.
WORK : Bea,
Ainhoa, Nuria, Sandra e Patricia ; tamén xogaron : Albita, Alba Taibo, Alba
Vázquez, Cris, Laura, Estefanía e Ana.
FISOBER B : Paula Lema, Nuriña, Paula Fandiño,
Tamara e Laura ; tamén xogaron : Andrea Muiño e Alejandra.
ÁRBITRO : Paula
Brandon , CRONO : Patricia Esparza.
GOLES : 1-0
Ainhoa , 2-0 Ainhoa , ( descanso ) sen goles tralo tempo de lecer.
Partido disputado
o sábado na Coruña onde as rapazas do filial non puideron traer ningún punto
para a Costa.
Arrancou moi ben
o filial o partido, moi concentradas e con ocasións a contra que poñían moito
perigo na meta defendida por Bea.
O dominio local
non se traducía en ocasións nestes primeiros minutos, as ocasións chegaban por
parte visitante. Pero non lograron materializalas, nos seus mellores minutos sobre a pista.
Co paso dos
minutos aumentaba o control das coruñesas e as súas ocasións e o filial
centrábase no esforzo defensivo.
Ata que nos
últimos minutos desta primeira metade a local Ainhoa facía cun dobrete a postre definitivo,
que o dominio no xogo tamén fora no electrónico. Con ese resultado chegouse o
tempo de lecer.
Na segunda
metade continuou o mesmo guión co que
finalizou a primeira, dominio local e orde defensivo visitante na busca de
algunha contra. Pero ningún dos dous equipos
lograba concretar as súas opcións.
Co paso dos
minutos os folgos das costeiras foron a menos e o electrónico xa non se moveu.
Destacar a
deportividade do partido , no que solo se sinalou unha falta e o bo ambiente
entre os equipos.
Na vindeira
semana toca derbi para o filial, xa que reciben a visita do Concello de
Ponteceso.
Versión Work.
Versión Work.
No hay comentarios:
Publicar un comentario