LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – CONCELLO DE PONTECESO :
1-6.
FISOBER B : Paula
Lema, Tamara, Paula Fandiño, Nuriña e Laura ; tamén xogaron : Alejandra, Antía, Andrea Piroja e Anabel.
PONTECESO : Salomé, Martina, Carmen, Elsa e Sandra ; tamén
xogaron : Ana, Cintia, Noa e Zeltia.
ÁRBITRO : Jorge Varela , CRONO: María Jesus Mallo.
GOLES: 0-1 Carmen, 0-2 Zeltia , 0-3 Carmen, 0-4 Martina, (
descanso ), 1-4 Tamara, 1-5 en propia porta , 1-6 Ana.
Partido disputado este sábado en Vimianzo, no que filial do Fisober deu moita mellor imaxe do que reflexa o
resultado, nun partido no que Elsa voltou a Vimianzo con outra camiseta.
Arrancou ben o
derbi o equipo local que foi de máis a
menos durante o partido.
Un penalti por
mans da capitana local Laura foi transformado por Carmen, xogadora tamén con pasado no Fisober.
Aínda así non se
derrumbaron as locais e tiveron ocasións para lograr unha igualada que non
chegou, a máis clara foi para Andrea Piroja.
Quen si
aproveitaron foron as visitantes que puxeron dous goles de vantaxe no
electrónico por medio de Zeltia.
E máis cando chegaron dous novos goles visitantes obra
novamente de Carmen de cabeza e de
Martina. Un cero a catro era demasiado castigo para un filial que deixou moi boa
imaxe nesta primeira metade, e o que a sorte parece darlle de lado nesta parte
da tempada.
Na segunda metade
o xogo xa non foi tan vistoso como na primeira. Aínda así as rapazas do filial
seguiron pelexando ata o final na busca de mellorar o resultado.
Tamara reduciu
diferenzas para as locais, pero un gol en propia porta despois dun rexeite e
Ana puxeron o definitivo un a seis.
A vindeira semana
o filial terá novamente derbi, tócalle render visita o Lira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario