SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO : FISOBER F.S.F. – A.D.A.E. SIMANCAS : 2-4.
FISOBER : Leti, Noelia, Myrella, Inés e Ana ;
tamén xogaron : Mai e Raquel.
SIMANCAS : Noe,
Mari Paz, Flavi, Sonia e María ; tamén xogaron : Silvia, Marta, Lules e Miriam.
ÁRBITROS : José
M. Carreira e Borja Moreira , CRONO : José A. Fernández.
GOLES : 0-1 María
, 1-1 Raquel, 1-2 María , ( descanso
), 2-2 Mai, 2-3 Flavi , 2-4 Silvia.
Partido disputado
o sábado en Vimianzo, onde as locais non viron recompensado o gran esforzo
realizado, esa pisca de sorte necesaria e as lesións foron claves.
O encontro non
tivo un dominador claro, foi por rachas. Os dous equipos estaban interesados en
non conceder opcións claras.
Chegaban ocasións
pero por contagotas entre uns equipos na busca do erro do rival. Con ese guión
foron pasando os minutos.
Ata que no minuto
catorce desta primeira metade era a visitante María a encargada de mover o
electrónico.
Pronto respostou
o Fisober solo dous minutos despois ,
nunha xogada embarullada Raquel puxo a punteira e facía a igualada nun balón
que tocou nunha xogadora rival.
Eran os minutos
tolos do partido, xa que un minuto despois de novo María poñía en vantaxe as
madrileñas.
Seguindo a tónica
tocáballe respostar as locais pero o lanzamento de Noelia foise o trabe,
rematando a primeira metade co un a dous para as visitantes.
A volta do tempo
de lecer o partido continuou pola mesma
senda.
Os tres minutos
un lanzamento de falta de Mai petaba nunha xogadora rival para devolver a
igualada o electrónico. Era o primeiro gol oficial de Mai ca camiseta do
Fisober e tamén na Segunda División.
Pero o igual que
na primeira metade pouco durou a ledicia. A catorce para o fin , nunha xogada
chea de rexeites era a visitante Flavi a que poñía en vantaxe de novo as
visitantes.
As costeiras non
se rendían e despois dunha xogada de Myrella era Noelia a que con todo o seu
favor non foi quen de materializar esa
gran ocasión.
Foi como unha
premonición, antesala das lesións de Ana primeiro e despois Noelia que deixaron
as locais sen rotación e moi cansas.
Os folgos ían a
menos e o partido case foi insalvable cando a cinco para o fin Silvia facía o
definitivo
dous a catro.
Despois ata o
final foi un querer e non poder dun esgotado equipo local, e as visitantes
tentando facer que pasaran os minutos.
A vindeira semana
tocará visita dominical o Humanes madrileño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario