SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO :
FISOBER F.S.F. – LEGANÉS F.S. : 5-7
FISOBER : Leti, Ana, Mai, Inés e Noelia ; tamén
xogaron : Myrella e Raquel.
LEGANÉS : Marta
Balbuena, Andrea, More, Puche e Patri Montilla ; tamén xogaron : Marina, Lauri,
Pichón, Aida, Sara Sanz Sila e Carmen.
ÁRBITROS :
Francisco J. Roldán i Esteban Otero ; CRONO : José González.
GOLES : 0-1
Puche, 1-1 Inés, 1-2 Marina, 2-2 Raquel, 2-3 Puche, 2-4 More, (
descanso ) , 2-5 Pichón, 2-6 Puche, 3-6
Ana, 3-7 Puche, 4-7 Ana, 5-7 Inés.
O sábado disputou
en Vimianzo o Fisober o primeiro partido de Liga na súa terceira tempada na
categoría de Prata do fútbol sala feminino español e a pesares da derrota
deixou moi bo sabor de boca a parroquia local, ante o Leganés un equipo chamado
a loitar polo título na categoría.
Un mal minuto o
inicio e o fin de cada parte penalizou as locais, nun partido no que debutaron
na categoría co equipo da Costa , Leti e Mai.
O Fisober decidiu
esperar en media pista e tentar saír a contra ante un Leganés que viña decidido
a pola vitoria.
O dominio era
visitante pero as locais non lle perdían a cara o partido cun traballo
defensivo tremendo, cunha Leti moi atenta na portería e con algunha que outra perigosa contra a
máis clara cunha ocasión de Raquel.
Mediada esta primeira
metade chegaba o primeiro para as madrileñas obra de Puche a oito para o fin.
Pero pouco lles durou a ledicia as visitantes xa que un minuto despois Inés
aproveitaba un rexeite para empatar cunha magnífica vaselina.
O partido seguiu
baixo o mesmo guión, pero a catro para fin destra primeira metade Marina volvía
poñer por diante o Leganés. E de novo case de seguido volvían igualar as locais
, desta vez por mediación de Raquel.
Cando parecía que
se ía chegar con ese resultado o tempo de lecer, as visitantes lanzaron dous
zarpazos nun último minuto fatídico para
as da Costa , para rachar a marcador.
Primeiro Puche e a vinte segundos do fin More poñían un 2 a 4 despois dunha gran
primeira metade local.
O inicio da segunda
metade foi menos esperanzador se cabe, un gol de Pichón e outro de novo de
Puche poñía un 2 a 6 case imposible.
As locais lonxe
de renderse seguiron loitando , sen dar nin un balón por perdido. Todo se
complicou aínda máis cando a nove para o fin Noelia vía o segundo cartón
amarelo cos conseguintes dous minutos de inferioridade. As da Costa amosaron a
súa casta e incluso acadaron acurtar distancias por medio de Ana de penalti. A
sete segundos de rematar a inferioridade Puche facía o seu cuarto gol para
poñer o tres a sete.
Entrábase nos últimos
sete minutos do partido cos dous equipos con cinco faltas, o que permitiu a Ana
gozar dun dobre penalti que transformou para o catro a sete a pouco máis de
tres para o fin.
Pouco despois as visitantes non foron quen de batir a Leti na
mesma sorte.
Nos últimos
minutos as visitantes decidiron saír de cinco para controlar un partido pero un
roubo local propiciou o cinco a sete definitivo por parte de Inés. As locais
non se renderon e tentaron a igualada ata o último segundo.
Dende o Fisober queremos agradecer o traballo da Peña Marea Nejra e do cociñeiro Suso Coscoñas e de todos que fixeron posible a paellada e a convivencia con motivo do Décimo aniversario do clube.
Visión Leganés.
Visión La Voz de Galicia.
Dende o Fisober queremos agradecer o traballo da Peña Marea Nejra e do cociñeiro Suso Coscoñas e de todos que fixeron posible a paellada e a convivencia con motivo do Décimo aniversario do clube.
Visión Leganés.
Visión La Voz de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario