SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO :
CHILOECHES – FISOBER F.S.F. : 8-4.
CHILOECHES :
Aranzazu, Cris, Ana, Elima e Rocío ; tamén xogaron : Laura, Cristina, Esther e
Alba.
FISOBER : Leti, Ana, Mai, Inés e Noelia ; tamén
xogaron : Myrella e Raquel.
ÁRBITROS : David
Merencio e Jorge Moreno ; CRONO : Isabel Domínguez.
GOLES : 0-1 Noelia, 1-1 Cris, 2-1 Ana, 3-1
Cristina, 4-1 Ana, 5-1 Cris ; (descanso ), 6-1 Cris, 6-2 Inés, 6-3 Inés, 7-3 Ana, 7-4
Raquel, 8-4 Laura.
Partido disputado
a tarde do sábado en Chiloeches na provincia de Guadalaxara, o que foi o
primeiro viaxe oficial en avión do clube.
O Fisober pagou
moi caro os erros da primeira metade e que non se adaptou a pista.
Non podían
comezar mellor as cousas para o Fisober xa que os dous minutos Noelia adiantaba
as da Costa no electrónico. Pouco lles durou a ledicia as visitantes xa que os
catro minutos Cris igualaba o tanteador.
As visitantes non
se atopaban cómodas e os sete minutos Ana facía o segundo gol local. Eran os
peores minutos para as da Costa. Un minuto despois Cristina facía o terceiro
local.
Todo empeorou
cando no minuto doce e no trece, Ana e Cris poñían con dous goles o catro e o
cinco un no electrónico. Moi duro se lle estaba a facer o partido o Fisober,
que capeou o mal momento e chegou con ese resultado o tempo de lecer.
A saída de
vestiarios foi distinta, as da Costa non estaban dispostas a vender a súa pel
aínda. A pesares de que pronto chegou o sexto gol local obra de novo de Cris.
Que non era o día
viuse cando despois dunha gran xogada visitante o remate de Noelia foise o
trabe e o pau e non quixo entrar. Aínda así chegaron os goles e foi Inés quen
no minuto catro e seis desta segunda metade puxo o seis a tres no electrónico.
Eran os mellores
minutos visitantes que se vían con opcións de entrar no partido e así o
tentaron, tiveron as ocasións pero
mediada esta segunda metade a
nove para o fin Ana poñía o sete a tres que foi a lousa definitiva.
Aínda así
seguiron loitando ata o fin as xogadoras costeiras. A menos de dous para o fin Raquel aproveitaba un rexeite
e facía o sete a catro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario