SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO :
HUMANES C.B. – FISOBER F.S.F. : 6-1.
HUMANES: Sandra,
Rocío, Sandra García, Verónica Salas e Verónica Glez, tamén xogaron : Ale,
Rocío Prado, Sara, Cris e Yolanda.
FISOBER : Leti, Ana, Mai, Myrella e Noelia ; tamén
xogaron : Raquel, Laura e Inés.
ÁRBITROS : Fco Javier Díaz e Ángel Gómez.
GOLES :1-0 Ale,
2-0 Sandra García, 2-1 Myrella , ( descanso ) , 3-1 Rocío, 4-1 ,Verónica
Glez, 5-1 Ale, 6-1 Verónica Salas.
Partido disputado
na mañá do domingo na localidade madrileña de Humanes na que o Fisober non
puido acadar os seus primeiros puntos ante un Humanes que foi mellor e se levou
a vitoria de forma merecida. A mellor noticia foi que a xogadora do filial
Laura que viaxaba co equipo por primeira vez fora de Galicia xogou os seus
primeiros minutos esta tempada en
Segunda División.
Laura |
Xa dende o
principio se veu que non era o día do Fisober. Máis aínda cando os cinco
minutos un despiste nun balón parado permitiu a Ale poñer en vantaxe as locais.
Ese gol deu
solidez as madrileñas e intranquilidade as da Costa que non atopaban o seu
sitio no partido.
No minuto trece e
de novo froito dunha xogada de pizarra a local Sandra García acadaba o dous a
cero dun excelente zurdazo.
Con este gol o
partido abriuse máis e por fin chegaron as primeiras ocasións visitantes.
Despois dunha gran combinación destas chegou o dous a un obra de Myrella a
minuto e medio para o fin desta primeira metade, chegándose con este resultado
o tempo de lecer.
Pero o arranque
da segunda foi premonitorio, as madrileñas acadaban o seu terceiro gol na
primeira xogada obra de Rocío.
Duro golpe para
as da Costa que o tentaron nesta segunda metade con máis corazón que cabeza.
O catro a un a
oito para o fin por medio de Verónica González deixaba o partido definido. Despois
ata o fin aínda chegaron dous goles máis para as madrileñas obra de Ale de novo
a tres para o fin e de Verónica Salas no rexeite dun dobre penalti lanzado por
ela mesma.
Os problemas
físicos que arrastraban Noelia e Ana, acumulouse o de Inés que non puido
rematar o partido por un forte golpe no nocello.
A vindeira semana
tócalle descansar o Fisober, algo que pode vir ben para recuperar as tocadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario