LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
TROULA – FISOBER “B” F.S.F. : 2-4
TROULA:
Estefanía, Olaya, Silvia , Noelia e Mayra ; tamén xogaron : Sandra, Carla,
Rocío, Lara, Yvone e Susana.
FISOBER B : Anabel, Paula Fandiño, Laura, Tamara e
Alejandra ; tamén xogaron : Andrea Piroja, Nuriña, Antía e Paula Lema.
ÁRBITRO :Eduardo
Castro ; CRONO : Jorge Fernández.
GOLES : 0-1
Tamara, 1-1 Noelia, 1-2 Andrea Piroja ( descanso ), 1-3 Nuriña, 1-4 Tamara, 2-4
Carla.
Partido disputado
o sábado en Betanzos correspondente a segunda xornada da categoría onde o filial do Fisober acadou a primeira
vitoria da tempada.
Nun partido onde
debutou a cadete Antía e a infantil Nuriña acadaba o seu primeiro gol en
Provincial.
Partido sen un
dominador claro entre dous dos equipos que acumulan máis xuventude da
categoría. Con máis ocasións para as visitantes e cuns últimos bos minutos das
locais.
Adiantábanse as
da Costa por medio de Tamara, pero igualaban as locais con gol de Noelia. O un
a dous co que se chegou o tempo de lecer foi obra da visitante Andrea Piroja.
Despois do tempo
de lecer a infantil Nuriña aproveitaba un rexeite da porteira local a un
lanzamento de Paula Fandiño para facer o un a tres. Tamara poñía o cuarto e
tranquilizador gol visitante.
Nuns últimos
minutos de empuxe local Carla facía o definitivo dous a catro.
A vindeira semana
as da Costa recibirán na casa o Ártabras Fene un dos equipos favoritos da
categoría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario