Non sei por onde
empezar, pola noite na cama miles de ideas e palabras viñan a miña mente, unha
vez ante o ordenador parece que marcharon todas cara un lugar lonxe destas
catro paredes. Todo se resume en cazar
mitos e triturar rivais, para iso foi creado o Real Madrid.
Que queredes que
vos diga, fai semanas incluso meses que
veño dicindo que o actual Barça é moi ganable. Incluso máis para o Real
Madrid. Un equipo en descomposición
que vive feliz no seu mundo como contei “na lenda dos inventores do fútbol”,fai anos que necesitan un central e
ano tras ano cada vez máis pezas, alá eles.
En cambio
quédanse con como dixo onte Xavi : “ o resultado impostor”, ou como dixo
no Calderón : “terei que ver o partido
repetido para dicir se merecemos perder” o que se xuntou Bartra
co “chegaron dúas veces” ou “a posesión foi nosa” , pero estes tíos
que clase de partido ven, Masía
conection . Eses son os seus valors e o
que inculcan, non hai con quen falar nin con eles nin cos seus siareiros
, os inventores do fútbol nada máis. Son igual cos outros , choran coma todos,
pero finamente que queda mellor. "Quedaben " que se di por aquí. Alves que tanto fala sempre, tiroulle o balón con cariño a Luka. Teñen
vos mimbres para a reconstrución pero necesitan unha nova revolución.
Non se confundan,
a Copa é o terceiro título e carece
de importancia para min e penso que para o Real Madrid. A importancia ven a
razón de que foi ganada o Barça, algo que tiña que pasar a pouco que se fixeran
as cousas ben, por iso me cabreou tantoperder en Liga, competición que tiramos por certo.
A importancia que
lle dei reflexa que non tomei nin unha
simple caña para celebralo, tres anos antes si que nos enfrontamos a un
equipo, esa foi unha verdadeira Final
e recibiu unha celebración maior por
suposto. Debemos golear e case nos limpan a Final tirando dous tiros, Bartra que os dos dous tiros fostes vos
amigacho.
Un Real Madrid fundido físicamente, sen a súa máxima
estrela, ganou fácil en sensacións
non en resultado penso eu o Barça, e deixou unha bomba no seu vestiario pendente de estoupar. Pena de máis
goles, pena de non facelo en Liga como debemos, buff levarían un mes cheo de portadas. Está caendo un mito ?
Como se logrou pois moi fácil, facendo as cousas
ben:
-
- Mellorou e moito a actitude, creo que todos ou a maioría de balóns divididos foron nosos.
- -
- Liña de presión a súa saída de balón e se nos superaban , pois liñas xuntas e repregar.
- -
- Saír coma motos cada vez que recuperamos.
Bastante simple, pero difícil de que os
xogadores o cumpran. Mutamos o noso 4-3-3 a un 4-4-2 cun traballo xeneroso de
Isco e Di María, non tanto dos dous de arriba Bale e Benzema máis
liberados polo sistema e por Carlo espero para saír a contra, esa axuda dos
interiores foi chave. Parece que algo
aprendemos do Bernabéu e Dormund.
Isco e Carvajal tan criticados por
min , foron os meus dous homes da Final, traballo defensivo e ofensivo, gran
crecemento dos chavales, pido desculpas non me queda outra. Mérito de Carlo e o
seu equipo de traballo.
Casillas ten anxo quedou demostrado novamente, a súa presenza asusta, desculpas
tamén. Pero non vou ser eu o que quite méritos a Diego López.
A min Bale non me gustou na Final, quitemos o
gol do análise, que queredes que vos
diga, aínda non se aclimatou e leva uns números tremendos, espectaculares,
asustan pero sigue sen entrar en dinámica, unha pequena illa “a wonderfull island by the way” . Para o ano facendo a pretempada ben e cun
pouco de sorte, moito ollo. Onte empezou a amortizar o seu fichaxe e a curar a
hernia. Sempre dixen que este xogador vai ser o futuro do Real Madrid, que vou
dicir del, a pena foi que se cargou a Özil.
O gran erro,
marcounos o Barça a balón parado, e o sempre meu os minutos mal repartidos que
custan títulos. Sen Cristiano, Isco foi importante, hai que ter a xente posta
no allo, algo que nunca aprendemos. Isco roubou e salio , libre en ataque
entregado en defensa.
Señores e señoras a Final de Copa foi un adestramento para o que realmente importa, o Bayern, que xoga a unha velocidade
maior co Barça e se fai falta tiran de fora do área , que non lles da medo. Se
xogamos ben nosas bazas creo que é posible, pero dende o traballo, a
actitude………. e con Cristiano. Vamos a
por outro mito o Bayern de Pep, morrer matando ?
O idioma oficial do Real Madrid é triturar rivais ! , queremos e debemos volver a ser iso.
A Champions dictará sentencia , despoisde tirar ca Liga.
O fútbol cambia nunha semana e si o Bayern nos pasa por encima de nada
valerá isto, se conseguimos a Décima sería unha Bomba Nuclear en casa
axena, pero se nos humilla o Bayern teremos que chamar nos os “artificieros”. Fai dous anos chegábamos
mellor pero …….
No hay comentarios:
Publicar un comentario