SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO :
FISOBER F.S.F. – TXANTREA. 1-9.
FISOBER : Anabel, Patri, Nuria, Ana e Noelia ;
tamén xogaron : Elsa, Inés, Myrella e Raquel.
TXANTREA :
Ainara, Virginia, Rizos, María e Ane ; tamén xogaron : Sandra, Amaia, Diana,
Nerea Urra,Rebeca, Nerea e Goñi.
ÁRBITROS :
Francisco J. Roldán e Rubén Ferrero ; CRONO : Javier Sánchez.
GOLES : 0-1
Rizos, 0-2 Rebeca, 0-3 María, 0-4 Diana , ( descanso ) , 1-4 Nuria, 1-5 Sandra , 1-6
Nerea, 1-7 Rizos, 1-8 Amaia , 1-9 Nerea Urra.
A humidade na
pista do Pavillón de Vimianzo
condicionou o partido xogado o sábado en Vimianzo, as navarras adaptáronse
mellor e leváronse un partido cun resultado excesivo para o que se veu sobre o
rectángulo de xogo i é que a sorte tamén se mostrou esquiva cas da Costa. Nunha xornada festiva para o clube xa que foi o día elexido para as fotos oficiais.
O arranque do
partido xa presaxiaba que a pista estaría impracticable co paso dos minutos. De
todos modos o principio permitía xogar. E os dous equipos gozaron de ocasións.
Unha primeira ocasión de Virginia, foi respostada por unha moi boa de Noelia.
E a unha de
Sandra respostou de novo Noelia. Os dous equipos tentaban adiantarse no
electrónico sabedores de que a pista empeoraba minuto a minuto e unha vantaxe
podía ser clave.
Foron as navarras
as que o lograron grazas a un gol de Rizos os dez minutos desta primeira
metade. As locais non se rendían e Ana vía como a porteira visitante lle facía
unha dobre parada para evitar a igualada.
Todo trocou cando
a tres para o tempo de lecer Rebeca facía o cero a dous. Foi un mazazo para as
da Costa, cada vez máis desesperadas ca pista. E peor foi cando dous goles nos
dous últimos minutos desta primeira metade obra de María e Diana poñían
demasiada diferenza para o visto sobre a pista, a sorte tampouco axudaba.
Na segunda metade
atacaban as locais cara a zona en peor estado, xa impracticable , e saíron moi motivadas para tentar volver a
enchufarse no partido. E nos primeiros minutos fixérono con uns cantos
lanzamentos lonxanos por parte de Nuria, pero a porteira visitante non o
permitía.
No minuto seis
desta segunda metade Nuria recurtaba distancias aproveitando o rexeite dun tiro
propio.
Pero non era o día das da Costa xa que acto seguido nunha xogada chea
de rexeites Sandra marcaba a pracer para as visitantes.
As locais vían
novamente como todo seu traballo non tiña recompensa. Seguiron percutindo sobre
a porta contraria pero ou a porteira visitante, a falla de puntería ou a
desesperación facía que non o
conseguiran .
As visitantes
saían cada vez mellor en perigosas contras. Así a dez para o fin Nerea facía o
sexto visitante. A falla de seis era Rizos. Faltando catro Amaia i entrando no
último minuto foi Nerea Urra quen de penalti pechaba o marcador.
O Fisober
ofreceu o Pavillón de Ponte do Porto como alternativa sabedor dos
problemas de humidade, e aínda que os adestradores visitantes estaban de
acordo, os árbitros e xogadoras visitantes decidiron xogar en Vimianzo.
Myrella ca man na cabeza no partido ante Bilbo. |
Desexarlle tamén
unha pronta recuperación e moitos ánimos
a Myrella que sufriu un accidente de tráfico o remate do partido, por sorte
quedouse nun susto e confiamos que pronto estará vestida de curto outra vez.
Fotografías oficiais previas o partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario