LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – TROULA. 3-2.
FISOBER “B”: Anabel,
Laura, Tamara, Natalia e Inés ; tamén xogaron : Paula Fandiño, Alejandra e
Andrea.
TROULA : Estefanía,
Silvia, Olaya, Gloria e Sarela ; tamén xogaron : Noelia, Sandra, Yvonne, Susana
, Ana e Rebeca.
ÁRBITRO : Vicky
Mosquera , CRONO : Mary Mendoza.
GOLES : 1-0 Inés, 1-1 Silvia , ( descanso ) , 2-1 Inés, 3-1 Natalia, 3-2 Olaya.
O partido da Liga
Provincial, que se disputaba unha vez finalizado o de Nacional , si se trasladou para o Pavillón de Ponte do
Porto pola humidade no Pavillón de Vimianzo, tralo acordo de árbitros e ambos
equipos.
Nun enfrontamento
no que o mellor para as da Costa foron os tres puntos ,xa que fixeron un
mal partido . Ademais por fin racharon ca maldición de Ponte do Porto xa que
cada vez que lles tocaba xogar neste Pavillón perdían.
As locais sabían
da primeira volta que o arranque do Troula era perigoso e debían andar atentas a isto.
Aínda que
controlaron estes primeiros minutos o filial do Fisober nunca se atopou cómodo
no partido.
Acadaban ocasións
froito de xogadas aisladas, pero sen xogo , nin combinar. De novo tocaba o día
malo e irregular . Algunha que outra ocasión para Paula Fandiño ou Inés que non
acertaban na definición. O mesmo pasaba na outra área para as visitantes que
non eran quen de superar a Anabel.
Un penalti que
transformaba Inés mediada está primeira
metade adiantaba as locais. Pero a oito para a chegada do tempo de lecer Silvia
poñía a igualada no electrónico . Mesma tendencia nestes últimos minutos ata
que os equipos se foron os vestiarios.
Na segunda metade
non cambiou o guión, as locais demasiado nerviosas e precipitadas no seu xogo.
Inés poñía o dous a un no tanteador os sete minutos desta segunda metade.
A visitante Ana
estivo a piques de igualar pero o seu lanzamento foi dun pau o outro e non
quixo entrar. Partido tolo con ocasións para ambos equipos.
Os últimos
minutos foron aínda máis tolos co resto do partido. A seis para o fin Paula
Fandiño enviaba o seu lanzamento o trabe.
A tres para o fin
Natalia aproveitaba un rexeite para facer o tres a un , supostamente da tranquilidade. Pero non foi así xa que un
minuto despois Olaya transformaba un penalti para o tres a dous definitivo.
No último
minuto a local Inés disfrutou dun
dobre penalti que non aproveitou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario