LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : BEART 5 CORUÑA – FISOBER “B” F.S.F. : 3-2.
5 CORUÑA: Gema, Lenny, Ana, Elena e Sofía ; tamén xogaron :
Raquel, Aldara, Gloria, Alicia e Daniela.
FISOBER B : Anabel, Andrea,
Tamara, Paula Fandiño e Laura ; tamén xogaron : Noelia, Alejandra e Natalia.
ÁRBITRO: Rafael Plaza , CRONO : Yanet Hernández.
GOLES : 1-0 Ana, 2-0 Aldara, ( descanso ) , 2-1 Paula Fandiño, 3-1 Lenny, 3-2 Andrea.
Partido disputado
o sábado no Pavillón Barrio das Flores da Coruña, onde o filial do Fisober
visitaba un dos equipos máis en forma da competición que non coñece a derrota
nesta segunda volta. As da Costa estiveron preto de pescar algo positivo da
visita.
A primeira metade
non foi moi brillante por parte de ningún dos dous equipos. O dominio
correspondeu as coruñesas aínda que sen demasiada profundidade.
Dous goles das locais
puxéronas en vantaxe e con ese resultado
de dous a cero chegouse o tempo de lecer.
A segunda metade foi
un pouco máis movida e aberta. Mediada esta segunda metade Paula Fandiño aproveitaba un man a man para
reducir diferenzas no marcador e facer soñar as visitantes con traerse un botín
para a Costa.
E tiveron a
oportunidade cando un lanzamento de Alejandra se foi a cruceta, podía ser o
empate. Pero non o foi e quen si aproveitaron foron as locais. Un despiste
defensivo visitante terminou nun penalti que valeu o tres a un.
Non se renderon
as do filial e unha boa combinación rematou cun gran gol de Andrea.
Andrea autora do segundo gol |
Pero xa quedaba
pouco tempo e as coruñesas decidiron manter a posesión para controlar o partido
evitando recibir máis ocasións. Rematando o partido con tres a dous.
No hay comentarios:
Publicar un comentario