LIGA PROVINCIAL ( APRAZADO)
RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – CONCELLO DE PONTECESO. 2-4.
FISOBER B : Anabel,
Paula Fandiño, Andrea, Laura e Tamara ; tamén xogaron : Inés, Alejandra, Noelia e Natalia.
PONTECESO :
Salomé, Carmen, Ana, Sandra e Martina ; tamén xogaron : Bea, Zeltia e Carla.
ÁRBITRO : Vicky
Enjamio , CRONO : Mary Luz Mendoza.
GOLES : 0-1
Carmen, 0-2 Carmen, 0-3 Carla , ( descanso ) , 1-3 Laura, 1-4 Ana, 2-4
Inés.
Disputábase o
domingo pola mañá en Muxía o partido
correspondente a xornada 17 aprazado no seu día polas baixas de xogadoras do
equipo da vila do Anllóns. Con este derbi deuse por finalizada a tempada de
liga a espera do que depare o sorteo de Copa.
Arrancou mellor
que o día anterior o filial, máis metido no partido que fronte as Espartanas. O Ponteceso esperaba
para cada vez que roubaba saír en rápidas e perigosas contras case sempre
finalizadas por Carmen.
O partido estaba
igualado pero as locais non lograban profundizar o suficiente e cando chegaban
non eran quen de finalizar con claridade.
Os dez minutos
desta primeira metade un lanzamento de Carmen petou en Laura e supuxo o
primeiro gol visitante.
O gol fixo dano
as locais que xa non xogaron tan tranquilas como o estaban a facer. As visitantes sentíronse
aínda máis cómodas e chegaban cada vez con máis perigo.
A nove para o fin
desta primeira metade de novo Carmen marcaba para as visitantes e poñía de cara
o encontro para elas. As locais tentaban reducir diferenzas pero erraban nos
metros finais e as visitantes acumulaban tamén ocasións.
Quen acertou foi
a visitante Carla para o cero a tres. Puido reducir diferenzas Inés para o
filial pero un lanzamento de Inés foise
o pau.
A segunda metade
seguiu o mesmo guión da primeira pero as ocasións para ambos equipos
reducíronse, quizais comezaban a notar o esgotamento de ter xogado o día
anterior.
As locais
buscaban o gol que as puxera no partido e as visitantes o que puxera o peche
definitivo. Os minutos ían pasando e todo seguía igual.
Ata que a seis
para o fin Laura aproveitaba un balón para facer o un a tres e reducir
diferenzas. Os adestradores visitantes pediron tempo morto e a tres para o fin
a xogadora visitante Ana facía o cuarto gol visitante.
Quedou tempo para
que Inés no último minuto puxera o definitivo dous a catro co que se puxo fin a
tempada na Liga Provincial, agora toca esperar pola Copa.
Visión do Ponteceso.
Visión do Ponteceso.
Imaxes da primeira volta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario