SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO :
GUARNIZO – FISOBER F.S.F. : 3-0.
GUARNIZO: Raquel,
Rachel, Gabri, Ana e Cris; tamén xogaron : Elena, María e Marina.
FISOBER : Eva, Patri, Nuria, Ana e Noelia ; tamén
xogaron : Elsa e Raquel.
ÁRBITROS : Raúl
de Juana e Iván García ; CRONO: Violeta Santos.
GOLES : 1-0
Gabri, 2-0 Rachel , ( descanso ) , 3-0 Elena.
Partido disputado
en Cantabria na tarde do sábado onde o Fisober buscaba a vitoria para colocarse
quinto pero non foi quen e agora necesita un punto na última xornada para
asegurar a sexta praza. Nun interesante e bonito partido con ocasións por ambos lados
sobre todo na primeira metade.
Un despiste no
primeiro minuto , provocou que as da Costa tiveran que remar en contra xa dende
a saída de vestiarios a causa do gol de Gabri.
A pesar desto o
Fisober fixo un bo arranque de partido e tivo ocasións que eran desbaratadas
por Raquel ou pola falla de puntería nos metros finales . Os tres minutos unha
moi boi dobre ocasión por parte de Nuria e Raquel.
E solo un minuto
despois as mesmas protagonistas tampouco acertaban ca portería.
As locais moi ben
colocadas tentaban aproveitar calquer erro visitante para roubar e saír con
perigo ante unha que debía estar Eva moi
atenta.
Mediada esta
primeira metade Patri fabricaba unha magnifica ocasión pero o seu suave disparo
marchaba a rentes do pau.
No minuto catorce
despois dun saque de banda a local Rachel sacábase unha xenialidade das súas botas para facer o dous a cero cun auténtico golazo.
Este gol despois de tanta ocasión errada polas visitantes fíxoas tambalear. E
Cris a piques estivo de poñer o tres a cero cun lanzamento que se foi o trabe.
Nos últimos dous
minutos recompúxose o Fisober e Nuria
gozou de dúas novas ocasións ante Raquel , pero quedou claro de que non era o
día.
A volta dos
vestiarios o partido xa non foi igual. As locais decidiron controlar máis o
ritmo do partido e o Fisober xa non chegaba con tanta facilidade. A ocasión
máis clara que tiveron as visitantes para volver a entrar no partido foi por
parte de Noelia despois dun saque de esquina pero non acertou co balón.
Ademais co paso
dos minutos as forzas e as posibilidades de igualada ían desaparecendo. Esta
segunda metade xa non foi tan vistosa e o ritmo decaeu.
Máis aínda cando
a oito para o final Elena aproveitaba unha contra para facer o definitivo tres
a cero.
Dende aquí ata o
final pouco que destacar por banda visitante, solo unha ocasión de Nuria chegando o último minuto
que sacou Rachel baixo paus.
A Liga para ata o
3 de Maio cando o Fisober se enfrontará o Stilo Berrio, nun último partido de Liga no que as locais buscarán asegurar a sexta
praza e as visitantes a salvación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario