Os equipos do Fisober xogan a domicilio está semana, o primeiro equipo desprázase a Bilbao para xogar co líder Bilbo e o filial xoga o derbi en Ponteceso, por outro lado as infantiles xa coñecen o calendario e xa esperan con impaciencia o seu comezo, así como as máis pequenas as da Liga Comarcal de Futbol Sala Base Costa da Morte unha liga que arranca esta semana pero tocoulles descansar.
O primeiro equipo xogará en Bilbao no Polideportivo de San Ignacio a partires das 18:30 horas deste sábado. O equipo bilbaíno é un dos grandes favoritos para o título e conta os seus partidos por vitoria cuns números espectaculares.
Así ven a previa dende Bilbao.
Na anterior xornada tocoulles descansar as bilbaínas, mentras o Fisober gañou o Flavióbriga. Os partidos do ano pasado decantáronse claramente para as vascas. En Bilbao a vitoria fora por 6 a 1 , mentras que en Vimianzo tamén se levaron a vitoria con outro claro 3 a 7.
A previa de Segunda División.
Pola súa banda o filial do Fisober desprázase a Ponteceso para xogar o derbi. Será o sábado a partires das 18 horas no Municipal de Ponteceso.
Equipos separados únicamente por tres puntos na clasificación, que veñen de caer na anterior xornada. O Fisober B ante o Grupo Work por 3 a 5 e o Concello de Ponteceso na súa visita A Fervenza B por 4 a 1 . Pero a tempada pasada o Ponteceso levouse os derbis con facilidade. Na vila de Pondal por 4 a 1 ; e en Vimianzo por un contundente 0 a 7 .
Todos os enfrontamentos do filial co Concello de Ponteceso.
Para rematar , a Federación Galega de Fútbol Sala deu a coñecer a composición da Liga Galega Infantil Feminina na que o Fisober presentará un equipo. Estará composta por oito equipos e a liga comezará o vindeiro 30 deste mes.
A primeira xornada será a seguinte :
Xoula Ribadeo - Fisober F.S.F.
H20 F.S.F. - Os Meigallos.
Viaxes Amarelle - Cidade das Burgas.
Cidade de Ourense - Poio.
Podes consultar aquí todo o calendario.
A previa de Primeira División.
No hay comentarios:
Publicar un comentario