SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO : BILBO
– FISOBER F.S.F. : 3-1.
BILBO : Jou ,
Aroa, Esti, Eva e Laura; tamén xogaron : Vicky, Almu, Isa, Ixone, Lore e Dani.
FISOBER : Eva, Patri, Nuria, Ana e Raquel ; tamén
xogaron : Elsa, Myrella, Noelia e Inés.
ÁRBITROS :
Guillermo González e Iker de la Hoz CRONO: Alazne Sancho.
GOLES : Chegouse
co resultado de 0-0 o descanso ; 1-0 Ixone, 1-1 Nuria, 2-1 Aroa, 3-1 Ixone.
O Fisober fixo o
sábado en Bilbao o mellor partido da
tempada e a piques estivo de traerse algo positivo da súa visita o líder invicto Bilbo.
Decidiron as
galegas xogar de ti a ti as vascas o que faría o partido moito máis atractivo.
As locais
mostráronse sorprendidas pola presión a toda pista das visitantes. Nos
primeiros minutos non eran quen de superalas con facilidade. Aínda así a local
Laura dispuxo dun tiro o pau o pouco de comezar o partido.
O esforzo
titánico que estaban a facer as da Costa tiña os seus froitos, o líder Bilbo
non era quen de ler o partido e non chegaba coa solvencia que viña mostrando en
partidos anteriores, tiñan un promedio
de sete goles a favor por partido.
Enorme o esforzo de todas e cada unha das xogadoras do
Fisober, dende a primeira ata a última, intensas en defensa e ataque, indo a
buscar o rival a campo contrario. As ocasións máis claras do Fisober nesta
primeira metade foron para Nuria e Inés que non atoparon o gol por moi pouco.
Así pasaban os
minutos e o electrónico non se movía, a pesar de que os dous equipos gozaran de
boas ocasións chegouse con cero a cero o
tempo de lecer.
A volta de
vestiarios o guión foi o mesmo , pero co paso dos minutos as da Costa comezaban
a notar o esforzo e xa non creaban en ataque o mesmo perigo que na primeira
metade e en defensa comezaban a recibir algunha ocasión máis.
Con todo iso os
minutos pasaban e as locais sufrían xa que non vían a maneira de adiantarse no
marcador ante o gran partido que estaba a realizar o Fisober.
Ata que a doce
para o fin por fin Ixone atopaba un oco e adiantaba o Bilbo no marcador. Pero
pouco lle durou a ledicia xa que nese mesmo minuto a visitante Nuria
aproveitaba a súa oportunidade para poñer a igualada de novo no marcador.
Así se entraba
nos últimos dez minutos do partido, cun partido con empate a un e con dous
equipos deixando todo sobre a pista.
A oito para o fin
unha xogada chea de rexeites deixoulle un balón a Aroa que puxo o dous a un a
favor das locais.
As forzas do
Fisober , fraqueaban ante o esforzo realizado pero seguían sen rendirse,
buscando a súa oportunidade para levarse algún punto de volta a casa.
O partido case
finou a tres para o fin cando de novo Ixone marcaba para por o definitivo tres
a un no electrónico. Xa non foi quen de atopar o gol o Fisober e así se chegou
o fin do partido.
A pesares da
derrota o Fisober vendeu moi cara a súa pel, e amosou que se as súas xogadoras
saen concentradas e o deixan todo son
capaces de complicarlle o partido incluso o mellor equipo da Liga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario