LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
CONCELLO DE PONTECESO – FISOBER “B” F.S.F. : 8-1.
PONTECESO:
Salomé, Martina, Carla, Carmen e Sandra ; tamén xogaron : Alba Reyes, Ana,
Laura, Zeltia e Bea.
FISOBER B : Martina, Paula, Andrea, Tamara e Laura
; tamén xogaron : Alejandra, Natalia, María Lijó e Anabel.
ÁRBITRO : Borja
Moreira , CRONO: Jose A. Lamos.
GOLES: Polo
Ponteceso : 3 Carmen, 2 Martina, 1 Bea, 1 Laura e 1 Tamara en p.p. ; polo Fisober B marcou Paula Fandiño.
Se o primeiro
equipo facía en Bilbao o mellor partido da tempada , pola súa banda o filial facía en
Ponteceso o peor partido do curso e caía con rotundidade no derbi.
Na primeira
metade o Ponteceso, que dominou completamente o partido, pasou por encima o filial do Fisober e xa
vencía por 6 a 0.
Na segunda as
locais afroxaron un pouco pero aínda así seguían dominando o partido e incluso
erraron un penalti. A infantil Paula Fandiño facía o gol da honra do filial do
Fisober, o seu sexto esta tempada e o 18º do equipo co que como mal menor
superan o número de goles da tempada pasada.
Unha Paula
Fandiño que xunto con Martina tiveron que deixar o partido con sendos golpes.
A vindeira semana
o Fisober B recibe o líder Portosín en Vimianzo.
Fotografías Familia Fandiño Trillo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario