LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER “B” – PORTOSÍN. 2-4.
FISOBER B : Martina,
Paula Fandiño, Andrea, Alejandra e Laura ; tamén xogaron : Noelia e Anabel.
PORTOSÍN :
Noelia, Nancy , Judit, Xulia e Sara ; tamén xogaron : Rebeca, Julia, Lorena,
Virginia e Diana.
ÁRBITRO : Rubén
García ; CRONO : Alejandro López.
GOLES : 0-1
Virginia , 1-1 Anabel ; ( descanso )
, 1-2 Rebeca, 1-3 Virginia, 2-3 Noelia, 2-4
Lorena.
Recibía o sábado
en Vimianzo o Fisober B o líder Portosín e a pesares da derrota as rapazas do filial
melloraron a imaxe dos últimos encontros e incluso tiveron opcións de puntuar.
As baixas no
equipo de Jemisa e Mauro obrigaron a que unha das porteiras Anabel tivera que vestirse como xogadora de campo e incluso chegou a
marcar o primeiro gol do filial.
O partido foi
igualado e as visitantes non se adiantaron no marcador ata ben entrada a
primeira metade.
A resposta foi
cun balón o pau da local Andrea e o posterior gol da citada Anabel cando xa se chegaba o tempo de lecer.
Nos últimos
segundos desta primeira metade Alejandra se atopou tamén co pau no que podía
ser o dous a un para as locais e chegar por diante no electrónico o tempo de
lecer.
A volta dos
vestiarios o Portosín tomou vantaxe de dous goles e puxo o un a tres a súa
prol. Noelia reduciu vantaxe para as locais e tamén gozou dun lanzamento o pau.
As locais
achucharon e tiveron opcións para a igualada pero un gol visitante a pouco máis
de tres minutos para o fin acabou cas esperanzas locais e co partido.
Fotografías familia Fandiño Trillo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario