LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – GRUPO WORK . 3-5.
FISOBER B : Martina,
Noelia, Paula Fandiño, Andrea e Laura ; tamén xogaron : Inés, Alejandra,
Natalia, María Lijó e Anabel.
GRUPO WORK :Cris, Carmen, Sara, Patri e Sandrita ; tamén xogaron : Ainhoa, Lara, Nuria, Rosalía e Alba.
ÁRBITRO : Jorge Fernández , CRONO: Mary Luz Mendoza.
GOLES : 0-1 Sandrita, 0-2 Patri, 0-3 Laura, 1-3 María Lijó, ( descanso ) , 1-4
Carmen, 1-5 Carmen, 2-5 Andrea, 3-5
Paula Fandiño.
O filial do
Fisober xogaba en Dumbría , debido a concentración de palilleiras que se celebraba
en Vimianzo, e caeu ante un Grupo Work que dominou o partido e gañou con todo
merecemento.
Xa dende os
primeiros minutos se veu que o Grupo Work ia levar o peso do partido e así foi.
A pesares do dominio o principio non creaban demasiadas ocasións, había un
certo temor entre os contendentes.
Ata que os sete
minutos un lanzamento de Sandrita supuxo o primeiro gol para as visitantes.
As locais non se
sentían cómodas no partido e non eran capaces de sacarse de encima o dominio
dun equipo visitante que combinaba ben.
Así os dezasete
minutos era a visitante Patri a que facía o segundo gol para o Grupo Work e
compricaba moito o partido as locais. Unhas locais que peor quedaron cando solo
un minuto despois Laura aproveitaba unha contra para facer o cero a tres.
O filial do
Fisober estaba moi lonxe do seu mellor nivel, desconectado polo gran xogo do
Grupo Work e tamén polos seus propios erros.
Aínda así a
catorce segundos para chegar o tempo de
lecer a infantil María Lijó adiantábase a porteira visitante e facía o primeiro
gol para o seu equipo, dando unha esperanza para as locais de cara a segunda
metade.
Pouco lle durou a
esperanza , xa a volta de vestiarios no primeiro minuto Carmen facía o cuarto gol visitante.
As visitantes
seguían co dominio e as ocasións ante
unhas locais desconcertadas. Máis aínda cando un erro de concentración local era de novo aproveitado por Carmen para facer o quinto.
Os adestradores
locais Jemisa e Mauro , decidiron darlle
un toque de atención as súas xogadoras , fóronse as catro que estaban no campo e entraron as
catro do banco.
E parece que
funcionou, mellorou a intensidade defensiva do equipo que pareceu que por fin
se enchufaba de novo o partido. Co paso
dos minutos as locais aumentaban o ritmo e as visitantes fórono baixando.
Así a cinco para
o fin unha combinación en ataque local acababa co gol de Andrea. E cando se
entraba nos tres últimos minutos foi Paula Fandiño a que fixo o terceiro.
Pero xa era
demasiado tarde e a vitoria foise de forma merecida para o Grupo Work que
realizou un gran partido. Das derrotas tamén se aprende e iso é o que debe
facer as xogadoras do filial do Fisober.
María Lijó durante o quencemento. |
A nota máis
positiva do partido para o filial do Fisober
foi o primeiro gol na Liga Provincial da infantil María Lijó. Ademais do gran ambiente entre os
dous equipos cheos de xuventude.
No hay comentarios:
Publicar un comentario