SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO :
FISOBER F.S.F. – FLAVIÓBRIGA . 7-2 .
FISOBER : Eva, Patri, Ana, Noelia e Myrella ;
tamén xogaron : Elsa, Nuria, Olalla, Raquel e Anabel.
FLAVIÓBRIGA
: Claudia, Ana, Cyntia, Olatz e Nuria ;
tamén xogaron : Marta, Paula, Yaiza e María.
ÁRBITROS : Borja
Darriba e Pablo Fernández ; CRONO : Lucía Darriba.
GOLES : 1-0 Patri, 1-1 Cyntia , 2-1 Nuria, 3-1 Raquel ; ( descanso ) , 4-1
Nuria, 5-1 Patri, 6-1 Elsa, 7-1 Elsa , 7-2 Paula.
O Fisober xogaba
en Dumbría , debido a que en Vimianzo se
celebraba a concentración de palilleiras, e acadou a terceira vitoria da
tempada ante o Flavióbriga cántabro, como previa da visita o intratable líder
Bilbo da próxima semana.
O Fisober levou o
dominio dun encontro no que as
visitantes esperaban en media pista na busca de algunha contra que lles servira
para chegar o gol.
Os tres minutos
xa era Patri a que facía un primeiro gol que puña en ventaxa as locais.
A pesares do
dominio debían ter coidado a contra visitante e así foi, xa que os seis minutos un balón longo chegou a
visitante Cyntia que lanzaba e tralo rexeite nunha xogadora local igualaba o
electrónico.
As da Costa non desesperaron con ese gol e continuaron co
dominio sobre a porta visitante. Así foi como Nuria os nove minutos acadou o
segundo gol do Fisober e voltou a poñer en vantaxe as súas.
Tan solo dous
minutos despois era Raquel a que facía o terceiro gol para as da Costa, poñendo
un colchón de dous goles sobre as
rivais.
O Fisober sen
realizar un bo xogo, chegaba unha e outra vez sobre a porta rival e percutía
unha e outra vez sobre o portal de Claudia que estaba evitar un resultado maior.
Ocasións de toda clase para case todas as xogadoras do Fisober e incluso dous
tiros o pau de Ana.
As visitantes
apenas puñan en dificultades a unha Eva que debía estar atenta as posibilidades
de balón largo ou algunha esporádica contra. Parecía incrible que non se
chegara cun resultado maior o tempo de lecer.
Un tempo de lecer
que non lles sentou nada ben o Fisober. A volta de vestiarios seguiu dominando a un Flavióbriga que seguía
esperando no seu campo as súas opcións, pero as locais saíron sen a tensión que tiñan na primeira metade.
Iso mostrouse no
xogo xa que nin lles creaban , nin apenas
crearon ocasións nestes primeiros minutos da segunda metade, parecían
contaxiadas polo ritmo das visitantes.
Mediada esta
segunda metade parece que espertaron algo as xogadoras do Fisober e tentaron voltar a impoñer un certo ritmo o
partido e pechalo definitivamente.
As ocasións chegaban
pero nin no número nin ca claridade da primeira metade aínda así o resultado
seguía a ser perigoso, un gol podía igualar o partido demasiado. A ocasión máis
destacada foi un lanzamento o pau da local Myrella.
Todo cambiou
cando a cinco para o fin Nuria poñía o catro a un e mataba definitivamente o
partido. Parece que todo o que non quixo entrar antes ia entrar agora.
Xa que a catro
para o fin Patri facía o quinto. E solo un minuto despois un lanzamento de Elsa
golpeaba nunha rival e facía o sexto. E con puntualidade Suiza un minuto
despois a mesma Elsa facía o sétimo gol local.
A piques de
chegar o último minuto un lanzamento lonxano da visitante Paula sorprendía a porteira local Anabel que estaba a xogar os seus primeiros
minutos en Segunda División.
Co sete a dous
definitivo chegouse o final dun partido
que o Fisober dominou de principio a fin pero no que non acadou o seu mellor
xogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario