MUXÍA : Ángel Luís ( minuto 105 José Antonio ), Peski, Luís Romaní ( minuto 10 Julián
), Cabejo, Currás, Pataca, Santi Papi ( minuto 64 Juan Prado ), Adrián Negro,
Iván Lagoa ( minuto 75 Casais ), David ( minuto 85 Gemelo ), Javi.
PORTEÑO : Pablo,
Pejo, Óscar, Maikol , Asier, Iago, Yuyo, Brais ( minuto 54 Gabi ),
Cousillas ( minuto 46 Ismael ), Mario Toja, Bieto ( minuto 67 Nené ).
GOLES : 1-0 minuto
70 David, 1-1 minuto 95 Ismael de penalti.
O Porteño perdeu
os primeiros puntos da tempada na Arliña e non perdeu o partido gracias a que o colexiado se inventou un
inexistente penalti no desconto dun partido que chegou ata os 110 minutos. Na segunda metade tiveron que ser atendidos os locais Iván Lagoa e Ángel Luís.
Os locais foron
mellores durante todo o partido ata o punto que o único lanzamento do Porteño
con perigo por dentro dos tres paus foi
o penalti do minuto 95.
Dominou o Muxía
aínda que sen grandes ocasións de saída , pero si mellor prantado no campo e
máis habituado o mal estado da Arliña. O primeiro que tentou sorte foi Pataca
cun lanzamento lonxano que se foi rozando o longueiro da porta defendida por
Pablo. Os dez minutos a lesión de Luís Romaní obrigou a recompoñer os locais.
Os minutos
pasaban e o líder seguía sen atopar o seu sitio sobre o verde, mentras que os
locais vían o paso dos minutos sen agobios. Os vinte cinco minutos foi Iván
Lagoa o que tivo a súa ocasión de gol.
Unha das máis
claras da primeira metade foi un lanzamento de saque de esquina do local David
que despois de tocar nun xogador se foi o longueiro. Pasaban os minutos e o
Muxía cada vez máis cómodo no seu feudo.
Así un balón en
profundidade para Adrián Negro o cal encarou por banda dereita o meta visitante
Pablo picoulle o balón para superalo pero un defensa sacaba baixo paus. Co cero
a cero inicial chegouse o tempo de lecer.
O arranque da
segunda metade foi polo camiño da primeira, ata que no minuto cincuenta o
árbitro sinalaba penalti por unhas posibles mans dun defensa do Porteño, os
visitantes protestaron enerxicamente a decisión do colexiado. Despois dunhas
dúbidas de quen era o encargado de tiralo , foi David o que o fixo pero enviou
o balón a cepa do poste, sen conseguir o obxectivo.
Esta situación
descompuxo o Muxía, o cal lle entraron os nervios e non fixo unha a dereitas ,
preso da ansiedade da ocasión perdida.
O Porteño entrou
así no partido e conseguiu non pasar agobios
tentando acercarse a meta
defendida por Ángel Luís pero sen perigo.
No minuto sesenta
chegou a única ocasión visitante en todo o partido, con Javi tirado no campo e
cos locais querendo que enviaran o balón fora , o Porteño montou unha contra ,
o Muxía confiouse e máis aínda Ángel Luís que vío como un visitante mandaba o
balón o pau cando el pensaba que ía mandalo fora, finalmente non tivo
consecuencias unha xogada que cambiaba o partido.
E dentro deses
minutos de zozobra do Muxía, no minuto setenta Currás roubaba un balón que
chegaba en profundidade a David que encaraba a Pablo para facer o gol para os
locais.
Co resultado a
favor os locais repregáronse tentando gardar o resultado pero non vían como o
líder causara ningún problema , salvo en algunha xogada a balón parado.
Todo cambiou non
minuto 78 cando un posible penalti de Javi a Nené, fixo que o do Porteño
perdera os nervios se encarara co
árbitro e o zarandeara ca conseguinte expulsión, pero debeu de ser ese zarandeo
o que cambiou o chip do colexiado xa que dende ese momento, quizais lle entrou
a dúbida de que fora penalti , empezou a pitar ou inventar “faltiñas” no borde
do área do Muxía.
O partido
comenzaba a alargarse , ata que no minuto 95 o árbitro se sacou un
penalti da manga, nadie durante uns instantes sabía o que pitara, incluso os xogadores do Porteño. Un saque de
banda lateral o área acaba en penalti. Un penalti que foi a igualada para o
líder.
Pero lonxe de
terminarse o partido seguía e
seguía como o conexo da famosa marca de
pilas, tanto seguía que no minuto 105 un xogador do Porteño entraba con todo
nun balón parado levándose por diante o
porteiro local Ángel Luís cando xa tiña o balón no seu poder , unha xogada na
que os locais pediron o cartón vermello para o visitante, un Ángel Luís que
resultou lesionada despois desta acción e tivo que ser sustituido por José
Antonio.
E ala polo minuto
110 o árbitro decidiu que xa estaba ben e pitou o camiño dos vestiarios, nun
partido no que o líder sen facer nada se levou un extrano punto da Arliña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario