A polémica Mou da
última semana ten a canteira do Real Madrid a chamada “Fábrica” como
protagonista quizais dea para un próximo artículo a polémica todos ou ningún
teñen algo de razón , pero o que realmente fai é agochar o que sucede
, que estamos a anos luz do noso xogo o
ano pasado. Vivimos nunha cortina de fume.
Xa falaba alá por
finais de Setembro que vía máis sombras que luces e cada día quédame máis claro. Non podo ver
sempre os partidos do Real Madrid pero cada vez que o vexo voume ca mesma sensación.
Pera min hai unha
causa clara a fame, este Real Madrid parece que perdeu a fame. A
chave o ano pasado era a presión a saída
do balón do contrario na maioría dos partidos, as gañas que poñía a xente durante todo o partido ou polo menos ata
que o tiñan máis ou menos decidido. Xa se acomodaron, xa se cansaron de Mou, temos un pequeno efecto Bielsa ?
Por iso quizais
se chegou así de afogado a Maio, pero chegouse vivo , con este deixarse ir vexo
difícil conseguir máis títulos este ano. Espero equivocarme. Mou terá algo que
facer, falar digo eu.
Os problemas defensivos veñen propiciados por
iso pero non son solo culpa diso. Cristiano e Ozil andan en plan “pasota” total non aparecen atrás nin a
de tres. Cristiano non está, non sei si anda triste pero está moi por debaixo
do seu nivel e eso que parece que pasa máis, será por verse mal ? Ozil
tanto ou peor do mesmo, máis lonxe do seu estado óptimo que Cristiano o meu
parecer, por moito que marcase onte de falta, eu esíxolle máis do que da, xa
que para min é un superclase que se
deixa ir , mal síntoma, a outros pasoulle o mesmo. Solo deu a impresión de
andar motivado despois das críticas previas o Nou Camp. Onte fronte a un rival
alemán deixou moito que desexar.
Xa son dous que non defenden, si lles unimos que onte salio con Modric
e o rapaz non se enterou xa foron tres xogadores perdidos, moi lento co balón
non axudou nada o equipo, ollo Modric é dos meus , por iso a entrada de Essien solo con traballo luciu
máis. O Pipa medio lesionado toda a primeira parte catro.
Mención aparte
para a defensa, Ramos é outro que está no plan “pasota” xa o estaba de central e de lateral xa é lamentable, uns ocos as súas costas tremendos si a
iso lle xuntamos que se crece de lateral e quere ser Cafú mal vamos.
Meu querido Arbeloa tamén lamentable, non deu unha
na noite de onte, ou igual que con Modric non son dubidoso con Álvaro. Nótase a baixa de Marcelo,
sempre se notou, para min xunto a Alonso son os dous xogadores diferentes do
plantel , a pesar das súas carencias defensivas o que aporta en ataque e o que
libera os compañeiros e sobre todo a Cristiano é demasiado importante.
Mal que ben o
caro de Coentrao dobra de vez en cando por banda, Arbeloa a perna cambiada case
non o fixo. Non sei si todo isto provocou os
nervios de Pepe, pero para min mediu mal máis de unha vez. Foi axudar a
Varane deixando un oco as súas costas nos balóns aéreos, que xunto co mal que
cerraron os laterais provocou ocasións de pelotazos simples.
Si a eso lle
xuntamos que para ese tipo de partidos
Khedira é clave para min, prescindible na maioría dos partidos sobre todo
no Bernabeu, estes partidos de despregue
físico e pradera verde son os del.
Outro que no Nou Camp sempre o fai ben. Son algo amarreta , recoñezo.
A Décima pide un cambio de actitude señores xogadores do Real Madrid e por
conseguinte señor Mourinho xefe supremo
que tamén pareceu tan perdido como os
seus xogadores e porque non deu a impresión de andar un pouco “pasota”, outro que ou está cultivando a súa saída ou un aumento de
poder, o tempo o dirá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario