SEGUNDA DIVISIÓN
RESULTADO : FISOBER
“CONCELLO DE VIMIANZO” – GUARNIZO . 3-4.
FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén
xogaron : Myrella, Noelia, Ylenia, Elsa, Eva e Olalla.
GUARNIZO :
Marian, Raquel, Gabi, Amelia, Patri ; tamén xogaron : Reichel, Elena, Cristina,
Isabel, Sandra , Henar.
ÁRBITROS : Héctor
Vilas e Miguel A. Crestelo . Crono : Nicolás Vázquez.
GOLES : 1-O Barca, 2-0 Myrella, 2-1 Cristina ,
2-2 Patri, 3-2 Nuria, ( descanso ),
3-3 Raquel, 3-4 Gabi.
O Fisober a
piques estivo de facer os seus primeiros puntos na casa contra o novo líder da clasificación , pero unha mala segunda
metade e un gol a tres minutos e medio para o fin cando xogaban cunha xogadora
menos condenounas, nun partido no que aínda así mereceron máis sorte.
Chegaban as
cántabras con tres vitorias e solo unha derrota o “exilio” do Fisober en
Baiñas, a xuntanza de palilleiras que vivía o pavillón de Vimianzo fíxoas
emigrar.
E comezaron
lanzadas as da Costa moi motivadas de saída, xa os catro minutos enviaba un
balón o pau. E case a continuación desa xogada Barca atopaba un balón na área
para facer o primeiro gol local.
Tentaron
respostar as visitantes , primeiro por mediación de Gabi na contra dun saque de
esquina e despois cun tiro da Patri
cántabra pero que detivo con solvencia Paula.
Despois destes
pequenos sustos chegaron os mellores minutos das locais cando nos acercábamos o
intermedio desta primeira metade, un tiro de Nuria, un lanzamento de Patri o
longueiro e un man a man no que Patri vío como Marian mandaba a saque de
esquina.
E os nove minutos
nese mesmo saque de esquina era Myrella a que establecía o segundo gol local.
Aínda no minuto dez case a Patri local aumenta a vantaxe pero non foi quen de definir
correctamente.
A resposta
visitante foi case de seguido e entre Noelia e Paula foron quenes de
neutralizar dúas claras ocasións do Guarnizo.
Os minutos foron
pasando, sin un control claro por ningún dos dous equipos. Ata que no minuto
catorce nun saque de esquina que parecía Cristina reducía distanzas.
Pero o partido
seguía tolo e solo un minuto despois un balón de Nuria para Ylenia as costas da defensa visitante e esta última
poñía a punteira pero vía como Marian desfacía a oportunidade. E case na
replica era a visitante Patri a que empataba o partido no minuto dezaseis ante
a incredulidade local de recibir dous goles con tan pouco.
Tocaba remar de
novo as locais e así a muxiana Patri tiña unha ocasión coa replica visitante. Cando
quedaban tres minutos para o tempo de lecer a porteira visitante cometía unha
falta indirecta a que con tranquilidade transformaba Nuria despois de que lla tocaran para poñer de novo en vantaxe o Fisober.
Con este
resultado e sen máis sobresaltos fóronse os equipos o vestiario.
Na segunda metade o Fisober non entrou tan
ben no partido, e as visitantes tiñan ocasións máis por demérito das locais que
polo xogo que desenvolvían. Eva comenzaba a ter máis traballo do debido o cal
ía resolvendo ben.
Entretanto Nuria
case consegue aumentar o tanteador. Ata que no oito da segunda metade Raquel
aproveitaba un erro para igualar o partido e a visitante Patri a piques estivo
de poñer as súas por diante.
Coa igualada no
electrónico os dous equipos entroulles o medo a perder.
No minuto once
unha xogada que pudo ser chave a cal foi moi protestada polas locais cando
Barca era derribada cando encaraba a porteira , dentro ou fora do área, os
colexiados entenderon que fora ela di que dentro, un lanzamento que Nuria non
aproveitou.
Complicáronselle
máis as cousas as locais cando tiveron que xogar os últimos dez minutos outra
vez ca lousa das cinco faltas. O igualque a semana pasada esto foi un acicate
para elas que dispuxeron dos seus mellores minutos nesta segunda metade nos
cales Nuria, Patri e Elsa tiveron inmellorables ocasións para volver poñer por
diante o Fisober, pero a sorte ou a puntería non estaban do seu lado .
Os últimos
minutos xa eran unha ruleta rusa, e a visitante Gabi poñía de novo a proba a
Eva. Ata que a falta de catro minutos para o fin se produciu a outra xogada chave do
partido , Ana cometía falta que ademais de ser dobre penalti era o seu segundo
cartón amarelo coa conseguinte expulsión e o seu equipo xogaría cunha menos ata
que pasaran dous minutos ou recibiran un gol.
O dobre penalti
foi parado por Eva, pero cunha menos a tres e medio para o fin Gabi aproveitou un erro infantil atrás das
locais para poñer o definitivo tres a catro.
Co gol volvían a
igualarse as cousas , as locais xogaban con
máis corazón que cabeza tentaron a igualada pero sen ideas claras e as
visitantes defendéronse con solvencia e aínda puxeron en perigo a Eva a contra.
Chegándose así o
fin nun partido no que as da Costa mereceron máis fronte o novo líder da categoría , pero
volveron a pagar a novatada.
Destacar que
Myrella fixo o seu primeiro gol en Segunda División.
No hay comentarios:
Publicar un comentario