LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : MANUREVA – FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO”.8-1.
MANUREVA: Melania, Tati, Musta, Fani e Patricia ; tamén
xogaron : Noa, Cristina, Alba e Cintia.
FISOBER : Martina,
Iria, Paula, Laura e María Maroñas ; tamén xogaron : Inés, Cris, Noe, Mónica e
Natalia.
GOLES : Polo Manureva
: Musta e Natalia con dous goles e un gol para Tati, Fani, Patricia e Alba. Polo Fisober marcou Inés, o descanso
foise cun 3 a 1 no electrónico.
ÁRBITRO : Alfredo Trincado ; CRONO : Paula Garrido.
Mellorou algo a
imaxe do filial do Fisober despois do mal partido realizado na semana anterior,
e a pesares da abultada derrota, fixeron un mellor traballo defensivo axudados
pola actuación da súa porteira Martina.
Pero non foron quen de poñer en ningún tipo de apuros a un equipo moi superior o cal non tivo a necesidade de facer nin unha sola falta en todo o partido.
Aínda así de saída
as do filial aproveitaron unha falta de entendemento en defensa das locais nos
primeiros minutos e puxéronse en vantaxe cun gol de Inés.
Ata doce minutos
aguantaron por diante as do Fisober B, escudadas na súa porteira Martina. Pero
despois esfumouse o espellismo .
O tempo
de lecer chegouse cun 3 a 1 a favor das do Manureva. Un equipo con xogadoras de
gran calidade entre as que destaca a bigoleadora Musta, que chegou a xogar co Valdetires
Ferrol na Primeira División e que no seu día foi compañeira das xogadoras do
primeiro equipo do Fisober, Barca e Nuria.
A segunda metade
foi co mesmo guión de dominio absoluto das do Manureva, e cun filial que se
adicaba a defender a meta dunha inspirada Martina.
Nesta segunda metade caeron cinco goles máis ata o
oito a un definitivo.
A noticia negativa
da tarde foi unha nova lesión para a xa chea enfermería do filial, desta vez
tocoulle a Iria cun problema nun nocello, un Fisober B que espera recuperar
algunha das mancadas esta semana que lle toca descansar na competición para
voltar a xogar o próximo día 24 fronte o Mabegondo da ex do Fisober, Eva Lago.
Imaxes do partido da tempada pasada disputado no Pazo dos Deportes de Arteixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario