SEGUNDA DIVISIÓN
RESULTADO : FLAVIÓBRIGA – FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO.
4-7.
FLAVIÓBRIGA : Carolina , Erika, Idoia, Tamara, Lorena ;
tamén xogaron : Carol, Mamen, Vanesa ,
María del Carmen .
FISOBER : Paula,
Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Olalla , Ylenia e
Eva.
GOLES : 1-0
Idoia, 2-0 Lorena ,( descanso ), 2-1
Patri, 2-2 Barca , 3-2 Lorena, 3-3
Barca, 3-4 Barca, 4-4 María del Carmen, 4-5 Patri, 4-6 Barca, 4-7 Barca.
ÁRBITROS :
Antonio Altuna e Raúl Gómez , Crono : Ana María Villa.
Este sábado en
Castro Urdiales o Fisober deu un novo pasiño na súa historia o conseguir a súa
primeira vitoria en Segunda División nun partido no que foi superior.
Arrancou o
partido con moito ritmo e xa no minuto
dous a local Erika se presentou ante Paula que freou o man a man. As da Costa
replicaron o momento e despois dunha combinación Barca erraba de maneira
incomprensible baixo paus.
Toma e daca
constante e de novo Erika se topaba con Paula e para as do Fisober a ocasión
era para Patri que vía como unha xogadora local sacaba baixo paus o seu remate.
Despois duns cinco primeiros tolos o Fisober controlou un pouco máis si cabe o
ritmo do partido.
Pero cando menos
problemas pasaban as visitantes un balón longo foi rematado por Idoia de cabeza
para o primeiro gol local os nove minutos.
Apretou aínda
máis o Fisober e Patri casi empata os once minutos. Eso si as locais aproveitaban para saír a contra e
Carolina se atopou con Paula .
O partido voltaba
o ida e volta do arranque, ocasións visitantes para Nuria e Myrella e resposta
local freadas por Paula.
E a tres minutos
do fin da primeira metade un novo erro
atrás do Fisober era aproveitado por Lorena para facer un inxusto dous a
cero e case conseguen un terceiro que sería aínda máis inxusto. Parecía que a sorte daba
novamente as costas o Fisober está
tempada.
Camiño do fin do primeiro
tempo Barca e nos últimos segundos Patri case reducen distancias pero a porteira
local lanzábase a por todas para evitalo.
Na segunda metade
o Fisober saíu en tromba e os dous minutos Patri ca esquerda facía o dous a un.
Dominio total das visitantes na busca do gol e chocando contra o muro da
porteira “castrenxe” , Nuria, Barca e Patri non eran quen de batila.
Ata que os cinco
minutos Barca remataba unha combinación do equipo para empatar o partido. Unha
felicidade que pouco durou un minuto despois de novo Lorena adiantaba as locais
, tocáballe o Fisober remar de novo.
Unha Lorena que
case consigue de maneira inverosímil o cuarto para o seu equipo, un toque co
calcaño como último recurso nunha xogada
a balón parado foise o longueiro.
Os sete minutos
as locais cometían penalti, o cal transformou Barca para empatar de novo. O
Fisober empuxaba cada vez máis. Mediada esta segunda metade Patri mandaba o pau.
Tanta intensidade
fixo que os últimos dez minutos de
partido as visitantes xogaran ca lousa
das cinco faltas encima. Pero nese mesmo minuto Barca aproveitaba outra ocasión
para facer o tres a catro e poñer as da Costa por primeira vez por diante no
partido.
A tranquilidade
era imposible neste partido, unha falta
de Patri en ataque provocou un dobre penalti que María del Carmen transformou
para igualar de novo a oito para o fin. A seis para o final Barca viu como a
porteira local evitaba un gol que parecía cantado.
O que non poido
evitar foi cando a falta de catro minutos Patri adiantaba de novo o Fisober.
Pero seguindo o guión do sufrimento na tarde a falta de tres para o final as locais
dispuñan de novo dun dobre penalti , outra vez cara a cara María del Carmen fronte a Eva, pero desta vez
a porteira visitante adiviñou o lanzamento e mantivo as súas por diante, e a
resposta inmediata foi o catro a seis de Barca, parecía preto xa a primeira
vitoria.
Nos últimos
minutos o Fisober defendeuse con firmeza e saíu a contra para redondear o
resultado Barca co sétimo gol visitante e o seu quinto da tarde.
O remate do
partido felicidade máxima no humilde cadro visitante que vía por fin a recompensa o
esforzo realizado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario