SEGUNDA DIVISIÓN
RESULTADO :
CUATRO ARCOS LOGROÑO – FISOBER “
CONCELLO DE VIMIANZO” . 0-3.
CUATRO ARCOS LOGROÑO : Ana Palacios, Irene, Natalia,
Sonia e Ana ; tamén xogaron : Virginia, María, Ana Sesma e María Cuello.
FISOBER : Paula, Patri, Ylenia, Ana e Olalla ;
tamén xogaron : Barca, Elsa, Myrella, Nuria, Noelia e Eva.
ÁRBITROS : Óscar
Crespo e Fernando San Miguel ; Crono : Javier Lusa.
GOLES : Chegouse
co 0-0 o descanso . 0-1 Patri ; 0-2
Nuria, 0-3 Eva.
Na tarde do
sábado en Logroño conseguía o Fisober a súa segunda vitoria en Segunda División
despois dun partido moi disputado e no que o traballo defensivo e a intensidade
axudou a sacar o partido adiante sobre
todo cando a expulsión de Paula as fixo xogar dous minutos en inferioridade.
Os dous equipos
xogaban ca ilusión de puntuar para alonxarse da parte baixa da clasificación.
Os primeiros minutos foron os típicos de tanteo, cun lixeiro dominio das
locais, pero sen crear excesivo perigo ante a porta dunha moi segura Paula.
O Fisober
esperando a media pista na busca dun erro do rival para saír a contra. E unhas
locais que dominaban o partido pero sen apenas profundidade.
Así transcorría a
primeira metade cun xogo pouco vistoso para os espectadores, quizais polo medo
a perder dos dous equipos, algo temorosos.
Ata que a seis
minutos para o fin os colexiados consideraban unha man fora do área de Paula
como ocasión manifesta de gol ensinándolle cartón vermello directo o que
supoñía para o Fisober xogar dous minutos en inferioridade e a porteira que vía
o camiño dos vestiarios.
Esta xogada
cambiou o partido e o seu ritmo. Eva púxose baixo paus e as visitantes fixeron
un enorme esforzo defensivo para aguantar eses dous minutos en inferioridade
sen encaixar un gol e lográrono.
A falta de catro
para o fin o Fisober recuperaba a igualdade sobre a pista, pero o partido xa
cambiara o ritmo, xa era moito máis vibrante aínda que o electrónico non
cambiou camiño do tempo de lecer, chegándose coa igualada a cero.
Na segunda metade
o Fisober foi un pouco máis agresivo e xa non deixou combinar tan fácil as
locais, que perderon o dominio que tiveran na primeira.
Aínda así os
minutos pasaban sen que ningún dos dous equipos crearan ocasións moi claras.
Pero segundo se acercaba o fin do partido o Fisober ía subindo un pouquiño cada
vez máis a súa liña de presión sobre o
rival e controlando a súa vez o partido.
Así a once para o
fin unha xogada de Patri acabou cun balón o pau desta aínda que tamén tiña
completamente sola a Elsa no segundo pau.
A nove para o fin
tiveron a súa ocasión máis clara as locais pero Barca baixo paus evitou o
primeiro gol local.
O Fisober seguiu
o seu cada vez máis preto da porta rioxana, e xa nese mesmo minuto Nuria se
atopaba ca meta local. E case de seguido a mesma Nuria vía de novo como a
porteira local tapaba ben nun libre indirecto no borde do área, similar o que a
semana anterior supuxera o seu gol fronte o Flavióbriga.
O gol xa rondaba
e foi a sete para o fin cando Patri finalizaba unha xogada para poñer en
vantaxe as da Costa cun lanzamento pegado o pau curto da porteira.
O bo traballo
defensivo e a intensidade nesta segunda metade
de todo o equipo daba os seus froitos e apenas pasaban
problemas.
Ata que a tres
para o fin as locais decidiron arriscar ca porteira-xogadora o cal foi un
manxar para o Fisober, xa que na primeira xogada que a puxeron en práctica e
cando se estaban colocando un roubo de Nuria fixo que ela mesma fixera o cero a
dous a pracer.
E case despois do
saque de centro e dun lanzamento sobre Eva , con rapidez e sen deixar tempo de
reacción Eva probou sorte dende o borde
do área e facía o cero a tres ca
conseguinte ledicia para a porteira do Fisober.
As locais
arriscaron un pouco máis pero como vían que sufrían máis perigo do que creaban
, renunciaron o ataque de cinco, e o partido
e os tres puntos viñeron de camiño para a Costa.
Destacar que a
porteira do Fisober Eva se estreou como goleadora en Segunda División ,da mesma
maneira é curioso que as dúas vitorias
das da Costa chegaron como visitantes e vestidas de vermello. Pechando unha gran semana para a familia Fisober ca convocatoria de Patri e Ana para a galega sub 23 e o Premio Nordés dos Deportes para o clube.
No hay comentarios:
Publicar un comentario