LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO” – C.D.
MABEGONDO. 1-0.
FISOBER B : Martina,
Iria, Paula, María e María Maroñas ; tamén xogaron : Noe, Cris, Mónica e Laura.
C.D. MABEGONDO : Isa, María, Alba, Eva Lago e Angela ; tamén
xogaron : Bibi, Melissa e Ana.
GOLES : O descanso 0-0 ; 1-0 María.
Árbitro e crono : Emilio Losada e Yayo Pájaro.
O filial do Fisober
conseguía a segunda vitoria da tempada baseándose no bo traballo defensivo e na súa porteira Martina, foron quen por primeira vez en dúas tempadas manter a súa
portería a cero.
O equipo
visitante dominou o balón e o tempo do partido, pero as do filial adaptáronse
ben a situación e buscaban saír a contra nas perdas de balón do Mabegondo.
Pasaban os
minutos e o electrónico non se movía, e as ocasións tampouco eran demasiado
claras para ningún dos dous equipos, que non sabían como botarlle o dente o
entramado defensivo do correspondente rival. Solo as perdas e os erros en
lugares críticos parecían cambiar o panorama pero sen chegar a concretarse.
Mediada esta
primeira metade chegaron as mellores ocasións para as visitantes. Primeiro
María os trece minutos e despois Bibi os dezaseis non eran quen de batir a
Martina.
As locais tamén
saían a contra pero nin María, nin Cris acertaban ca portería contraria.
Tampouco os lanzamentos de Paula o conseguían.
O Mabegondo non
lle sacaba froito o seu control do balón, xa que non conseguían moita profundidade e os seus lanzamentos
lonxanos non atopaban o froito do gol. Pero a corenta segundos do fin da
primeira metade cando Eva Lago encarou a Martina e esta sacou unha man
prodixiosa para evitar ir o descanso en desvantaxe.
A saída dos
vestiarios parece que os equipos viñan con outras intencións. E así xa dentro
do primeiro minuto a visitante Alba vía como o seu lanzamento se ía o pau.
As locais tamén
deron un paso adiante e os tres minutos tiveron unha clara ocasión por medio de
Mónica e María pero a porteira visitante Isa respostou ben con grandes paradas.
Parecía que
aparecían os espazos en ambos ataques, e nunha desas a capitana local María
aproveitou unha contra os sete minutos desta segunda metade para ver como o seu forte lanzamento se lle
escapaba a Isa e lograr o un a cero que o fin foi definitivo.
Dende este
momento o partido volveuse tolo, apareceron nervios nas locais para aguantar o
resultado e nas visitantes para conseguir levarse algo positivo. E ningún dos
dous equipos era quen de trenzar e tranquilizar as súas xogadas.
Aínda así tiña
que aparecer de novo Martina ante a visitante María. Os minutos pasaban e pasaban
e o ida e volta era constante, nin as locais eran capaces de definir nunha
contra cun gol que lles acercara un pouco máis a vitoria , nin as visitantes
conseguían facer o gol da igualada.
E claro isto
beneficiaba as locais que seguían con vantaxe no electrónico. As visitantes
decidían arriscar con ataque de cinco para levarse algo positivo de Vimianzo. A
falta de catro para o fin voltou a aparecer unha parada de Martina que de novo se atopaba con Eva Lago e
de novo a súa gran intervención evitaba o gol da igualada.
Co ataque de
cinco foron transcorrendo os minutos e o gol do empate para as visitantes non daba chegado. O filial seguía disfrutando
da súa vantaxe que chegou ata o final.
As xogadoras do
Fisober B saltaron de ledicia cando o tempo chegou o seu fin vendo como conseguían a segunda vitoria da
tempada que lles debe dar folgos na busca de mellorar pouquiño a pouquiño en cada partido. Nun partido no que o filial tivo varias baixas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario