Pois hoxe o Luigi Today ben cun xeroglífico, para goglear:
Novas, comentarios, frases, rt, pero sobre todo vaciladas cos colegas sobre o Real Madrid , Madridismo en Galego , pero noutra "Era" tamén Luigi no deporte e na Costa.... Muxía, Fisober ..........
jueves, 16 de febrero de 2023
miércoles, 15 de febrero de 2023
O Muxía busca #Corviñas e #Corviños.
Dende o CF Muxía xa están planificando a tempada 2023/2024 por eso xa están a buscar nenos e nenas que queiran xogar ao fútbol.
lunes, 13 de febrero de 2023
Sentimento Mundial.
O sábado tiña un sentimento especial de cara ao partido do Real Madrid, non sei as razóns, quizais por todo o que pasou durante o 2022 no persoal, quizais porque me acordei dos que non están, quizais porque me viñan os sentimentos da sétima a cachola, porque un xa se vai facendo maior e vive os partidos de forma diferente, pensando no seu pai que foi o que lle inculcou o madridismo, de que agora chega o sobriño por detrás, quen sabe pero sensación de día grande, non en vano era a final do Mundial, a que a postre foi a nosa #W8rldChapions.
domingo, 12 de febrero de 2023
#W8RLDCHAMPIONS
Pois #W8RLDCHAMPIONS unha vez mais, aquí chegamos grazas a gañar a 14 e grazas ao meu hateado Carlo que me retrata unha e outra vez, gañamos de maneira vergonzante como dirían algúns, agora falan os expertos:
sábado, 11 de febrero de 2023
Anti.....
O acoso constante que están a recibir Vini e Misa non é mais ca unha nova mostra de antimadridismo. Polo menos nos últimos días vemos certos apoios como os de Joao Félix xa lonxe do iugo patrio, Dani García e unha crítica a prensa patria por parte do noso noruego. Onde van aqueles tempos cando nos queimaban con Mou ou con Arbeloa, agora non convén recordalos.
jueves, 9 de febrero de 2023
Superliga again.
Pois hoxe saénnos cun novo fío sobre a Superliga con 10 novos principios, máis coherentes, a cuestión é saber venderse e onde venderse. Aproveitar o que está a pasar con certos clubs e certas situacións e a ver, sigue en construcción pero será desta:

