viernes, 14 de febrero de 2025

Vini Jr.

 Estes días estase a falar da renovación de Vinicius e como preguntades no blog sobre o tema vou deixar unhas palabriñas.



O Madrid despois de gañarlle ó City, xa ten outro problema mediático inmenso que o tapa todo, a renovación de Vinicius, se perdéramos, ardería o tema por outro lado. Cando gañan outros non saltan estes temas tanto.

Nesta conta somos moi de Vini como ben sabedes, pero de quen somos realmente é do Real Madrid. Si sale Vinicius dicindo que non lle interesa marchar cara Arabia, chin pum, acabouse o tema. Pero claro nas renovacións hai que apretar un pouco sempre. 

Claro que con Flo todo é moi fácil, el diche ata aquí e dese punto non se move. A súa famosa escala salarial. Si che gusta ben e senón porta, trae os cartiños e para outro equipo. Xa o fixo con CR, con Di María ou con Ozil, e mira que me gustaban tanto coma Vini. E tamén marcou pauta co Churu.

Por exemplo estes días está a saír o nome de Saliba para o posto de central, claramente é ruido do xogador para renovar. O xogador que aínda non firmou o seu gran contrato e claro os representantes saben que o Madrid ten ese posto con lesións e aproveitan para filtrar. O xogador é moi bo, seguido polo Madrid fai tempo, pero non vemos a Flo poñendo o que vale. O fichaxe nese posto quizais podería ser Dean Huijsen, seguido polo Madrid por certo tamén.

Voltando ó tema coincidimos moito cas declaracións de Álvaro Benito para Jordi Wild, en "The Wild Project". Onde dixo: " Entra o trapo, pero non o saca do partido, é curioso. Iso sorpréndeme moito del. Eu non vou facer demagoxia. Que seguramente si focalizase toda súa enerxía en xogar, xogaría mellor.... pois seguramente. Pero hai que poñerse sempre nos zocos dos demais. Facer ese exercicio é moi importante. " 

Tamén comentou: " Sempre fun moi pro- Vinicius a nivel futbolístico, incluso cando non lle saían as cousas porque sei o que é ser un regateador. Xa se vía que tiña cousas que non ten ninguén. E creo que é unha pedra a nivel mental, porque soportar o que soportou este rapaz a nivel mofas non debeu ser fácil. Este ano quizais está un pouco maís irregular, pero vexo moi ben. A min é que me gusta moito."

Pero ollo tamén o que di Alistair Hisoka, moi interesante sempre:

" Eu priorizaría a renovación de Vini de aquí a xuño, pero si a corda se tensa e as posturas están alonxadas faría o posible por ter a proposta de Arabia enriba da mesa e faría escoller ó rapaz entre ambas. 

Si seu entorno pretende maximizar o beneficio económico poñendo en risco a estabilidade do club a nivel salarial sería absurdo non analizar con lupa a proxección do xogador nese novo status económico. O Madrid ten a Rodry. Esta tempada Vini mostrou sinales de esteliña. Achacable ó sistema e o adestrador, sen dúbida. Pero iso sumado ó coqueteo con Arabia e a que poda ser unha renovación fai que un club serio teña que pensar as cousas.

Os xogadores teñen ciclos ó longo da súa carreira e nos 100% disfrutamos do máis rentable de Vini. Agora trátase de valorar se vai manter a súa voracidade no prime da súa carreira. Para que siga sendo igual de rentable ten que subir o nivel.

O futbolista ten que entender que desenrrolar o teu prime no Madrid é un privilexio e un sacrificio. Telo que sentir como o día que estampastes a túa firma sendo un mico adolescente. O Madrid é a medalla do amor, non lle valen os bicos por compromiso.

Lenny Yoro escolleu o carto a corto prazo e agora está nun club sen rumbo que se move a bandazos e non sabes se avanza ou retrocede. O que pense que a súa carreira non mudou drásticamente por isa decisión non sabe da vida.

Si Vini renova forzando a situación coa oferta de Arabia, vaise quedar pero irase. Ten que elexir comprometerse co Madrid ou escoller as luces e o carto. Esa é súa elección e non depende de rascar cinco ou seis kilos máis anuales ó club. "

No futbolístico cóntanos: " A xente sole confundir o levarse ben co status no campo. Rodry seguro que se leva xenial con Vini, pero ó Rodry futbolista perxudicalle esa sociedade. Esta tempada deixouno clarísimo, si el mira polo seu ben pide saír.

É raro porque o de Vini xa tivo un latigazo adolescente que se notou especialmente ante a Real en L1ga a principios de tempada, logo foi voltando a seu ser e carrileou o equipo, pero post-lesión está rariño. Quizá se está a gardar. Agora mesmo vexo a Vini e Mbappé ó 70% do seu pico real. O de Vini creo que é fatiga mental, balón de ouro, renovación, eu creo que no seu entorno lle están a comer a cachola con que marque goles e non sexa o extremo que asista a Kylian.

A el gústalle participar na xogada, aparecer atrás, gaña en confianza cando fai algún amago inútil a 30 metros, xa non está espídico e debo dicir que chuta moi duro ó balón e iso vaite dar goles extra na túa vída, pero esta versión on é a do balón de ouro."

Como dixemos aquí somos moi de Vini, coma Álvaro Benito, pero hai que andar con ollo cos cartos. Eso si merece cobrar o de Mbappé, e claro despois a non moito tardar virá Jude, que é outro que merece moitas cousas, ó igual que Fede merece moito máis. É un xogador que pasou de ser o das mofas, a fastidiar porque os vacuna, hai que ter en conta iso tamén, que é un dos nosos. Pero claro nos límites da escala salarial. O mellor posto de Rodry é o del, Mbappé caído a banda tamén funciona, temos a Brahim, Guler, Endricki, o meu querido Gonzalo, ou mesmo a Nico Paz. Nesto si que confío en Flo.

Aínda que nos meus grupos Champions de Ensanche e Vellos, rockeiros e vikingos, máis de un sentiríase feliz ca súa saída, aquí cas condicións de Flo, querémolo con nos.

P.d. : Remata contrato en xuño do 27.

Anteriormente:

De novo Vini.

Vini . 

O tema Vini.

O Churu.

Kylian Mbappé.

Ciao Cristiano.


No hay comentarios:

Publicar un comentario