No basket comezan a saír os problemas que viñamos dicindo dende o principio, a derrota na final de Copa fixo saír bastante porquería.
Semana de que si se vai Ibaka, fichamos a Dennis e tamén se vai, XRM, que é un dos extra, nin convocado. De feito os dous extra foron os desconvocados na final de Copa. Vai vir Beverly, unha bomba para o vestiario?
Sinceramente cremos que Chus vaise ó final de tempada, pero non todo é culpa del, o que pasa é que cando non tes un equipo Top, vense as carencias do adestrador. Agora xa se está a falar de problemas sistémicos.
Quen ía a pensar que ter catro pivots pero solo Eli de ala-pivot, era boa xestión, porque tanto Mario coma Gabi son 3-4.
Estamos co mesmo problema do verán, fai falla un xerador con puntos no posto de base-escolta, un catro aberto e sobre todo un bo adestrador.
Que Mario marche da celebración é unha falta de respeto. Pero eso demostra que non hai un capitán que o poña firme, nin un adestrador que faga o mesmo. A outros llo ían facer si. Polo seu xogo, xa sabemos o que hai, el tamén é iso. Se fora consistente e regular non estaría en Europa. Por iso hai que ter outro no posto para non depender tanto del. Están facendo bo a Yabu.
E temos un bo plantel, un grupo de bos xogadores, pero non un equipo. Acumulamos xogadores de nivel, pero sen un plan establecido, sen un sentido interno entre eles. Cunha ocupación de espazos demencial.
Xogamos mal o 80% dos partidos. Porque non é tema de competir, é que xa non disfrutamos vendo o equipo. A tempada pode facerse moi longa e aburrida, sobre todo en Europa.
Na final fixemos un partido indigno, con dezasete perdas e unha defensa de perímetro terrible. Cun Unicaja cun 50% en triples e tirando case sempre abertos e solos.
E a ver que fas no verán. Que vas facer con Feliz, con tanto pivot, con Musa, xon XRM, cos rapaces?
E claro no verán fóronse, Chacho, Fabien, Yabu, Poirier, Alocén, pero sobre todo foise Rudy, con el comezou todo. A sombra de Rodolfo, un baleiro que aínda pesa no Madrid.
Nunca foi un xogador calqueira, seu impacto non solo se medía en estatísticas. Esa mestura de talento, compromiso e carisma, que o converteu nun ídolo. Agora sen el, o equipo parece buscar unha identidade que non termina de atopar.
Entendía o xogo coma poucos, o crack da defensa do lado débil, non haberá outro coma el no basket FIBA.
Aquí confiamos moito en Hugo como o novo Rodolfo, pero claro a pouco que despunte, irase a NBA.
A ver como acaba a tempada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario