Fai uns días vía nun telexornal nacional un comentario curioso.
Poñámonos en contexto, pola polémica destes días de Mapi León, comparaban o tema con cando Michel fixo uns tocamentos a Valderrama. Nese caso o comité entrou de oficio e impúxolle unha multa de 500.000 pesetas, e no telexornal din sen problema, vaia 3.000 euros dos de agora.
Claro señores o cambio era , pero hai que poñer en contexto iso, que podías comprar con 500.000 pesetas en decembro de 1991, que é a chave. Por exemplo o coche máis vendido deses anos era o Renault 19 que oscilaba normalmente entre 1.500.000 pesetas e 2.500.000 de pesetas aproximadamente. Por exemplo o salario mínimo anda por 53.200 pesetas. Canto custaba a cesta da compra daquela e canto agora. Esa si sería a comparación correcta.
Recordo que na Facultade, o que non recordo é a asignatura, para comparar soldos polo mundo, había un sistema que utilizaba unha famosa hamburguesa dunha famosa multinacional. Comaparaban o prezo desa burguer polo mundo, cos soldos para ver como estaba o conto.
Algo similar pasa co salario mínimo e ca subida que prometen. A chave está no que podías comprar por exemplo neste caso no 1991 e o que podes comprar co salario mínimo no 2025, creo que esa sería a comparación correcta. Si sube o salario mínimo pero a nosa capacidade adquisitiva baixa, mal vamos, hai que arranxar un ou os dous extremos desta ecuación.
Do tema Mapi en si falaremos ou non, queda en borradores por si acaso. Aquí quedamos con que non puxeran en contexto o tema neste medio que non recordo cal foi, sei que noutros si o fixeron, ben por eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario