domingo, 23 de febrero de 2025

Día de Rosalía: 23 F.

 Hoxe celébrase o  día de Rosalía, xa que naceu un 23 de febreiro de 1837 e no blog, regalamos dous poemas muxiáns publicados dentro de  150 Cantares para Rosalía:




 O PARQUE DOS ANXOS VEXETAIS

 Nun caderno manchado pola indiferenza do tempo

 e por palabras vagabundas

 que anuncian o incumprimento dos desexos 

aparece este fragmento dun poema:

 De verdura e de follaxe,

 salpicada de fontiñas

 baixo a sombra do ramaxe

Son versos de Rosalía e a través da fiestra

 vexo o parque embalsamado de orquídeas

 que se ilumina baixo o voo colonial dalgún corvo.

Anxos vexetais con mandíbula de rocha

 permiten que agromen neles

 tardes insistentes para os nenos que xogan

 a seren banqueiros suicidas. 

Baixo a sombra velenosa da ramaxe

 descubrín que os teus cabelos son árbores

 aquel día no que a ti, meu amor, che naceron

 mazás nas orellas e fresas salvaxes na mirada

Agora a primavera é unha serpe tentadora 

e ben sei que os sorrisos dos paseantes

 expulsan paxaros invisibles, incubados na alma. 

Eu agárdoos cuns grans de trigo na man

 por se queren cegarme coa súa pureza.

Do ramaxe donde cantan

 paxariños piadores

 que ca aurora se levantan.

X. H. Rivadulla Corcón


Deixamos outro poema muxián dese 150 Cantares para Rosalía:


Cando o pesadelo me abafa

 o insomnio, a dor e a barbarie:

 Págueche este cantar triste

 que as nosas tristezas conta,

 só me dá sono o son do teu corasón.

 que soio ti… ti entre tantos!,

 das nosas mágoas se acorda. 

Arde o inverno

 sendo amazona na túa pel.

 Vou até a paixón de Ítaca

 evandíndonos do labirinto 

saraiba de aloumiños

 alento.

Dina voluntad dun xenio,

 alma pura e xenerosa!

 Es o meu camiño,

 a miña fin.

 Música profunda 

Ad libitum

E cando a gaita gallega

 aló nas Castillas oias,

 ó teu corazón pergunta,

 verás que che di en resposta

Rosalía Fernández Rial.

TODO DE ROSALÍA NO BLOG.

Como dixo Rosalía no seu leito de morte: " Abride a fiestra, que quero ver o mar."

No hay comentarios:

Publicar un comentario