jueves, 20 de febrero de 2025

Stop Crying your heart out.

 Con esa pancarta recibían ó Madrid e a Vini en Manchester, pero sailles furada.



O mellor Madrid da tempada, despachou ó conxunto de Pep, que verdadeiramente está a pasar un mal momento. Curioso tamén que de cinco eliminatorias entre Pep e Carletto coma adestrador do Madrid, o italiano se levará catro, e mira que consideramos a Pep bastante mellor adestrador co italiano, pero algo terá.

Dividir o madridismo en tempo de guerra non xera beneficios persoais. En tempo de guerra a unión fai a forza. Nunca gañáramos no Etihad, e o City era un rival que motiva a esta xente, si nos chega tocar o Celtic igual estábanos na casa a estas horas. Imaxinades co Madrid gasta 200 kilos no mercado de inverno, e nos barren do campo. O nivel de esixencia que temos é ese.

"É mellor que todos crean que o Madrid gaña sen xogo, golea sen placer, suma puntos por inercia. Incluso as pequenas feridas, puro Madrid libre albredío onde non se domestican os instintos, venlle ben. Dormir nun colchón de púas e revitalizante." La meseta Uberalles.

A importancia da lesión de Lucas, non se pode subestimar. O Valverde lateral axudou e moito. Demostra a importancia do reparto de espazos e roles. Igual con  algún complementeo "peor" pero máis especifico, os cracks poderían brilar máis. Pois colocando a Valverde en banda, Asencio de central, Tchou de medio e Ceballos para tocala algo, o equipo mellorou. Pero sobre todo con actitude dos de arriba. Hai que baixar o cuiño no deporte.

O falcón non so mellora ó equipo en saída de balón e defensa. Mellora a posición de Rodry e fai que os equipos teñan que estar pendentes de máis cousas. Un lateral potente, que pode centrar, tirar, con moito físico.

O Madrid mellorou moito pola implicación defensiva, pero tamén poñendo xogadores de máis nivel. Quitas ó furaco negro e claro atacas e defendes mellor.

O equipo que normalmente da a impresión de non estar traballado na presión trás perda e na faceta defensiva, que chega tarde os duelos, corre mal e iso o sole pagar moi caro. A noitiña de Champions foi todo o contrario, parecía un equipo con tódalas letras.

A min o que me preocupa é o que pasa cando se perde o balón. No traballo sen balón non somos un equipo estable. É un tema de querer, saber como e cando estar disposto a sacrificarte. No fútbol se corres ben, corres menos que si corres mal, aforrache moitos esforzos.

A importancia do traballo cando teño a pelota, pero tamén cando non a teño.

Onte os focos van para Kyli, pero nos quedamos con Jude, Rodry, Fede e Asencio, que importantes. Visualmente Jude e Rodry onte foron unha delicia. Venlle descanso agora para Jude con 2 partidos de sanción en liga e un en Champions.

Tampouco nos levemos a engano, que despois ven calquera e píntanos a faciana. A ver si teñen gañas e Carlo non fai tolerías co once. Si fixera algún troco antes tampouco pasaba nada. Estamos en oitavos, tan solo, na liga colíderes e vivos en Copa, pero onte vimos esperanza por fin.

Hai que rotar e implicar a xente, sobre todo arriba temos con que facelo. Viuse que Asencio pode axudar pois hai outros que tamén.

Por certo o Real Madrid tan solo gañou unha Champions en ano impar nos últimos 65 anos.

Esperanza ou espellismo?

P.d. : Así é como ten que convencernos Kyli, con goles e grandes actuacións.

Anteriormente:

Vini Jr.

Lubre . 

Carlo e as redes.

Toco e voume.


#RealMadrid #RealMadridCF



No hay comentarios:

Publicar un comentario