Despois do desastre da final da Supercopa, vou deixar unhas palabriñas e voume, así ó tolo. Porque claro tocou semana de filtracións, pero o que pasou é algo que vimos vendo dende o primeiro día, cada vez que temos un rival algo que tal diante pásannos por enriba. Vamos aló.
En Champions vamos de vinte na clasificación, e na Liga estamos ahí por dúas cousas, a milagrosa mala xeira do Barça e o infimo nivel da Liga. Pero a realidade é moi dura, un equipo sen alma, nin fútbol.
Si o club xera un relato a altura da Iliada de Homero por gañar indo ó límite e firmar esceas que os demais non imaxinan. Hai que poñer o berro e dicir que é inadmisible que cun dous a cinco en contra, con dez xogadores o rival polo menos non apretes. Moita xente esquence que somos un club de fútbol, non unha empresa de alimentación, importan os números pero tamén os resultados e se non hai pero vemos rapaces e traballo, pois igual calamos.
Pero claro o Carlo está máis discutido nas redes que no Bernabéu, despachos incluidos. Si colle esto nos novente, queimano cada partido e con razón. O club non é conservador, é cobarde. Ahora vannos vender a Alaba, que xa antes da lesión estaba a ser un desastre, a saber como vai voltar.
E claro si polo calendario que ven, sacamos bos resultados, a sacar peitiño outra vez, ata que nos colla un equipo de novo e catapún, que dende agosto non aprendemos nada. Falando de catapún, iso é o que facemos, balón longo dende atrás, vaia táctica.
Co Carlo deba saír xa, non parece excluinte con que faltan varios fichaxes en defensa e algún deles mínimo debería ter un criterio con balón por encima de cumplidor. É normal que pida fichaxes o Carlo, non sabe facer outra cousa que non sexa mover xogadores. É coma ti cando xogabas ó manager, que colocabas ó once e dábaslle a simular a tempada enteira. É moito con el, non traballa nada ó equipo pero a culpa nunca é súa. A culpa é do club, ou de Guler, Endricki, Asencio que seguro que non apretan nos adestramentos, ou de Camavinga, .....
A vos molestaríavos igual o do domingo con Fortea, Asencio e Chema no campo? Competiríamos igual de mal? Porque se o club non lle importan os resultados, polo menos probar os chavales. Non pode ser ter que aguantar todo o ano a Lucas, Tchou e Mendy dando noxo. Sálache Asencio e defenestralo, non probas o mellor lateral da canteira e o que levas convocado é a un que debe de ser o peor da Fábrica e con menos teito, Loren nun par de anos sigue en Primeira Rfef.
Claro Casadó estaba en Primeira Rfef con vinte anos e ninguén contaba con el para o primeiro equipo, ahí está o rapaz. O mesmo Asencio no Madrid, pero hai que poñelos claro, é máis fácil dicir que ninguén está preparado para mellor ó actual Lucas, Tchou, Mendy.... Por certo temos a Miguel en Girona e Nico en Como, que non lle valen o crack do banco. Normal, non valen Guler e compañía.
O medo das xerarquías, señor adestrador, o medo constante, a cobardía. Porque claro hai que poñer a Tchou, Lucas, Rodry, Mendy e si poñer a un rapaz un día con toda a presión e a pifia, vai ser culpa do rapaz. Iso de que xogue un veterán únicamente por ser veterán, sona a neglixente e cobarde, con tódalas letriñas ademais. A min o de normalizar ser un cobarde porque si arriscas e non gañas chimpante, pois así como estás a facer vante chimpar igual filliño.
Temos un plantel interesante e complexo, de gran potencial pero visiblimente limitada, pero o encargado de mellorala non ten ningún interese.
O Carlo doenlle as críticas ó seu traballo, pero o primeiro critico é el mesmo. Cando empezas a replegarte e a xogar ó catapún para arriba para evitar riscos con balón, estás admitindo que teus xogadores non valen.
Isto non vai de quitarlle responsabilidade ós rapaces. Vai de darlles ferramentas para que as collan e asuman. A culpa non é exclusivamente do adestrador . Se o modelo non funciona e non é positivo para o club, hai que mudar cousas. Poñer constantemente a Tchou e Lucas, sen darlles mecanismos que os axuden na saída do balón, non é darlle confianza, e todo o contrario, porque os expoñe unha e outra vez.
Flick chegou de Alemaña e ante a ausencia de pivotes, tirou de Bernal e Casadó. Podía ter reconvertido a algún, que seguro que o probou con Eric, pero non xoga. Aquí movemos todo o equipo antes de poñer un chaval. Así temos a Fortea perdido ou a Asencio sentadiño xa. Claro a continuidade do mister é cousa dos de arriba, nin máis nin menos.
Tamén fai falla algo no medio, Kroos era un constante reorientador do xogo. Súa mera presenza era como ir co navegador recalculando rutas constantemente para levarte ó destiño, por moito que ti foras equivocandote segundo a segundo. E claro o nome é Zubimendi, gústame pero como sempre digo ten o perigo de ser da Real, os casos de Illarra e Odri pesan. De todas formas o mellor vai ser ler que o club non quere tapar a Chema que lle gusta moito a Carlo.
Toni alcanzara un nivel de seguridade e aplomo, unido a súa técnica e relevancia no vestiario que descargaba toda a presión do equipo. Todos sabían que Toni esta ahí cando as cousas descontrolaban, todos xogaban sabendo iso. Parece inclible que club e adestrador sabendo da importancia de Kroos a hora de desenrolar noso xogo, non fixeran nada por paliar a súa ausencia.
A estas horas Tchou enteraríase cara que lado sae sempre Yamal para perfilar o tiro, como un xogador profesional é incapaz de ler esas cousas?
Despois que é iso de dar a alineación tres horas antes, pasas de todo, non hai malicia ningunha.
Tamén temos ó presi de risas cos culés, algo que aquí non gusta nada, unha cousa é a educación e outra ser o pagafantas. Non vamos ó BdO pero estamos de risas con estes que cada vez que poden nos burrean. Si chega ser ó revés o de Olmo ou de Negreira, xa estamos exiliados. Fai tempo xa que Carlo deixou de ser o principal culpable disto e mira que ten culpa.
Porque que non vendan tampouco o de, nada mellora ó que hai, decide, non queremos gastar pero tampouco arriscar ca rapazada, así si que creo o conto.
O Barça xoga moito mellor do que seu plantel di, e o Madrid moito peor. Somos pura improvisación, no peor sentido da palabra. E cando volvamos a xogar contra eles, outra vez o mesmo once, e vannos pasar por enriba de novo, cero dúbidas.
E si hai tres ou catro xogadores que non axudan en tarefas defensivas, apaga todo xa, hai que cargarse xente, pero hai que ter pelotiñas.
Estamos no de sempre, cada un que opine o que lle de a gaña, que defenda o que queira, pero aquí deixamos isto. Mañán é o típico partido que pode facer saltar todo polo aire, e claro iso vai facer que sexa aínda máis rácano, vas sufrir Carlo, xa verás, sen rapaces vas caer.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario