LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
CONCELLO DE CARNOTA LIRA – FISOBER “B” F.S.F. : 4-4.
LIRA : Lía, Inés,
María, Bárbara e María Caamaño ; tamén xogaron : Martina, Isabel, Leticia e
Sandra.
FISOBER B : Anabel, Tamara, Paula Fandiño, Nuria e
Laura ; tamén xogaron : Andrea Piroja, Alejandra, Andrea Muiño e Natalia.
ÁRBITRO : Jorge
Fernández ; CRONO : Jesús Liñares.
GOLES : 0-1 Laura, 0-2 Andrea Muiño, 1-2 Bárbara, 2-2 Bárbara, ( descanso ), 3-2
Bárbara , 3-3 Andrea Piroja, 3-4 Andrea Muiño, 4-4 Sandra.
Partido disputado
o sábado na tarde – noite en Carnota no que era o segundo derbi costeiro
consecutivo para o filial do Fisober.
Partido cheo de
alternativas, no que o filial mesturou bos minutos con outros nos que perdeu a
concentración, a intermitencia típica do
equipo.
Arrancou moi ben
o filial co control do balón e do partido. Os do arranque foron os mellores
minutos das visitantes.
Xa o pouco do
inicio a visitante Laura enviaba un balón o pau. Pouco despois non erraba e
facía o cero a un para o filial. E pouco despois era Andrea Piroja a que tamén
se atopaba co pau.
Pero extranamente
todo trocou cando Andrea Muiño facía o segundo gol para as visitantes o
primeiro ca camisola negra . O filial xa non controlaba tanto o encontro e as lirachas entraban no partido.
Máis aínda
cando facían o un a dous, por medio de Bárbara.
Este gol puxo nerviosas as visitantes e o partido xogábase
xa o ritmo que querían as roxas. Máis cando de novo Bárbara poñía as táboas no
electrónico, un dous a dous co que se chegou o tempo de lecer.
A segunda metade
estivo chea de alternativas e ningún dos dous equipos tivo o control absoluto
do partido.
Comezaron
golpeando as locais co terceiro gol de Bárbara, co cal consumaban a remonta.
Pero volveu aparecer
o filial do Fisober, e despois dunha gran xogada colectiva Andrea Piroja
marcaba a pracer para igualar de novo o partido.
A catro para o
fin de novo Andrea Muiño poñía en vantaxe as visitantes, acadando o seu segundo
gol no partido e o seu segundo gol oficial ca camiseta do Fisober.
Como o
partido non tiña fin, as locais aínda non dixeran a última palabra e
aproveitaron un lanzamento de falta de Sandra para poñer o definitivo catro a
catro no electrónico, nun derbi no que ningún dos dous equipos se deu por
vencido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario