SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO :
FISOBER F.S.F. – UNAMI C.P. : 1-1.
FISOBER F.S.F. : Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia
; tamén xogaron : Mai e Raquel.
UNAMI : Elena,
Marina, Patricia, Laura e Sofía ; tamén xogaron : Adela, Lucía, Cristina i
Estela.
ÁRBITROS : Raquel
Manteiga e Borja Moreira ; CRONO : María Rey.
GOLES : 1-0 Ana , ( descanso ) , 1-1 Patricia.
Partido disputado
na tarde do sábado no Pavillón Municipal
de Dumbría “O Conco” correspondente a sexta xornada da Segunda División
Nacional feminina.
Tocoulle emigrar
como local o Fisober a Dumbría con motivo da Xuntanza de Palilleiras en
Vimianzo e o destino quixo que acadara alí o seu primeiro punto da tempada o
que lle permitiu deixar de ser o pechacancelas da clasificación.
O partido que foi
moi igualado pero de poucas ocasións claras puido caer de calquera lado o final
rematou con empate.
Arrancou o
partido con dominio de balón visitante, cun Fisober que se sentía cómodo a
contra, mesturando presión a saída do balón con esperar en media pista.
Así pasaban os
minutos ata que no minuto doce despois dunha xogada embarullada a capitana
local Ana poñía en vantaxe as da Costa.
Unha vitoria
local pola mínima ca que se chegou o tempo de lecer.
A saída dos
vestiarios o Fisober decidiu esperar en media pista para gardar forzas.
Pasaban os
minutos e todo seguía igual. Ata que mediada esta segunda metade, despois dunha
xogada tamén desafortunada e embarullada a visitante Patricia facía o gol do
empate.
Con este
resultado de igualada chegouse o final dun partido que permitiu acadar o
Fisober o seu primeiro punto da tempada.
A vindeira semana
toca visita o Atlético B.
Dende o Fisober
querémoslle agradecer o Concello de Dumbría tódalas facilidades postas para a
utilización das súas instalacións e o trato recibido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario