LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
ESPARTANAS – FISOBER “B” F.S.F. : 0-2.
ESPARTANAS :
Carmen María, Rebeca, Laura, Carmen e Ana ; tamén xogaron : Nuria, Lupe e Lara.
FISOBER B : Anabel, Tamara, Laura, Paula Fandiño e
Nuriña ; tamén xogaron : Andrea Muíño, Andrea Piroja e Alejandra.
ÁRBITRO :
Imanol Vázquez , CRONO : Miguel Puerta.
GOLES :0-1 Andrea Muíño, 0-2 Andrea Piroja (
descanso ).
Partido disputado
na tarde do sábado no pavillón coruñés de San Francisco Javier onde o filial do
Fisober volveu a gañar algo que non facía dende a segunda xornada.
As costeiras
leváronse os tres puntos ante un equipo que sempre lle pon as cousas moi compricadas ,
dispuxeron de ocasións para ter un
resultado máis abultado pero o seu xogo distou moito do que se espera delas.
Xa dende o
arranque do partido o dominio foi visitante tentando acadar unha vitoria
balsámica. Pero as xóvenes xogadoras do filial mostráronse algo ansiosas e
individualistas nos metros finais.
As da Costa
adiantáronse por mediación dun gol de Andrea Muíño, que ademais no partido
mandou dous balóns os paus.
O segundo gol foi
obra de Andrea Piroja despois dunha contra e dun tres para un.
Aínda así o xogo
do filial non foi moi vistoso. Con ese resultado a favor das da Costa por cero
a dous chegouse o tempo de lecer.
Na segunda metade
xa non se moveu o electrónico e os goles das “Andrea´s” prevaleceron. O filial tivo ocasións para
aumentar o resultado pero non as aproveitaron. Pola súa banda Anabel que volvía despois dunha lesión tivo
unha tarde bastante prácida na portería.
A vindeira semana
visita Vimianzo o líder BeArt 5 Coruña arrancando unha xeira de compromisos
compricados para o filial.
Fotos de partidos anteriores.
Fotos de partidos anteriores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario