LIGA PROVINCIAL
RESULTADO: FISOBER “B” F.S.F. – A BAÑA : 1-2.
FISOBER B : Paula Lema, Andrea Muíño, Andrea
Piroja, Paula Fandiño e Laura; tamén xogaron : Alejandra, Marina, Nuriña, Antía
e Tamara.
A BAÑA: Celsa ,
Tania, María Maroñas, Andrea e Lucía ; tamén xogaron : Lidia, Daniela, Rocío,
Estefanía e Nerea.
ÁRBITRO : Maryluz
Mendoza , CRONO : Roberto Míguez.
GOLES : 0-1 Rocío
( descanso ) , 1-1 Laura, 1-2
Daniela.
Partido disputado
na tarde do sábado no Pavillón de Vimianzo onde os tres puntos marcharon cara terras do Val da Barcala.
O máis positivo
do partido para o filial foi que por fin as lesións lle permitiron debutar en
Liga Provincial a infantil Marina e a volta a Vimianzo con outra camisola de
María Maroñas.
O filial en
ningún momento atopou o ritmo de partido ante un equipo visitante moi
presionante e máis metido no partido.
Na primeira
metade a penas houbo ocasións para ningún dos dous equipos. Polas locais solo
Tamara representaba un certo perigo para o equipo Barcalés.
No minuto doce
unha xogada por banda dereita da pequena Nerea rematou con centro o segundo pau
onde apareceu Rocío para adiantar as visitantes.
O gol puxo aínda
máis nerviosas as locais que non foron quen de poñer en excesivos apuros a
Celsa.
A segunda metade
foi máis do mesmo, cunhas visitantes que non pasaban excesivos apuros, solo
Tamara e Andrea Muíño creaban un certo perigo.
Mediada esta
segunda metade Laura despois dunha boa combinación do equipo igualaba o
partido. Pero as locais non foron quen de aproveitar o arreón do gol para
poñerse por diante.
E a tres minutos
para o fin Daniela facía o un a dous refrendando o bo traballo do seu equipo.
Dende aquí ata o
final , moitos nervios por parte local e unha boa ocasión para Laura pero o
resultado xa non mudou.
A vindeira
xornada tocaralles visitar as Espartanas o filial do Fisober.
No hay comentarios:
Publicar un comentario