SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO : FUTSI
ATLÉTICO B – FISOBER F.S.F. :3-1.
ATLÉTICO B :
Jenifer, Vane, Ainhoa, Chopi e Marta ; tamén xogaron : Sandra, Casandra, Ana,
Rocío, Elena, Laura, Alicia e Marilia.
FISOBER : Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia ;
tamén xogaron : Mai, Laura e Raquel.
ÁRBITROS : Julio
Castillo e Cesar Iglesias , CRONO :
Moisés Cembellin.
GOLES : 0-0 ó
descanso ; 1-0 Sandra, 2-0 Casandra, 3-0 Chopi, 3-1 Ana.
Partido disputado
na mañá do domingo en Navalcarnero onde o Fisober se enfrontaba o filial do
Atlético. O Fisober notou que pernoctou na localidade e puido descansar xa que amosou
a boa imaxe que veñen dando como locais. Un partido que puido caer de calquera lado e
se levou o que primeiro marcou.
Empezaron os dous
equipos pendentes de non cometer erros que lle deran vantaxe as rivais. Un
Fisober moi ben plantado e combativo non pasaba excesivos apuros.
Os minutos foron
pasando co mesmo guión pero o electrónico non se movía, cun esforzo encomiable
das visitantes.
Na última xogada
da primeira metade os colexiados anularon un gol o Fisober xa que entenderon
que o balón xa saíra cando Mai cedeu para Myrella que marcou a pracer, xogada
complicadísima de ver , incluso a mesma Mai recoñeceu que non sabía si saíra ou
non o balón.
A segunda metade
xa non foi como a primeira, tivo un ritmo tolo con ocasións para ambos lados.
Para as da Costa primeiro Inés que non foi quen de superar a Marilia e despois
Noelia por partida dobre cun lanzamento de falta o trabe e nunha contra na que
non foi quen de superar a porteira visitante
puideron poñer en vantaxe o Fisober. E cunha Leti que desfacía as
ocasións visitantes.
Estaba claro que
un gol ía ser a chave do partido e este chegou da man local. Unha boa
combinación do Atleti rematou co gol de Sandra os seis minutos desta segunda
metade. Un gol que rachou o partido.
O Fisober xa non
se atopou tan cómodo na nova texitura do partido e aínda que chegaba e tivo as
súas opcións xa non foi con tanta claridade. E máis cando a oito para o fin
Casandra aproveitaba un despiste defensivo para montar unha contra que rematou
co segundo gol local.
Este gol si que
foi unha lousa para as da Costa, que aínda así non se rendiron. O terceiro gol
do Atlético chegou obra de Chopi a pouco máis de tres minutos para o fin. Pouco
tardou en respostar Ana para facer o definitivo tres a un.
Antes do final
aínda puido apretar o partido o Fisober, nunha dobre ocasión de Laura e Ana
pero o resultado xa non se moveu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario