SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO :
FISOBER F.S.F. – ALOVERA : 1-3.
FISOBER : Leti, Ana, Noelia, Inés e Myrella ;
tamén xogaron : Raquel e Mai.
ALOVERA :
Elisabeth, Elisa, Alejandra, Xenia e Virginia ; tamén xogaron : Jessi, Mirian, Leticia e Cris.
ÁRBITROS : Jesús
Otero e Miguel Sierra , CRONO : José
González.
GOLES : 1-0 Noelia, 1-1 Xenia, 1-2 Elisa, (
descanso ) , 1-3 Virginia.
Partido disputado
na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vimianzo onde novamente despois dun
partido igualado os puntos fuxiron lonxe
da Costa, a balanza sempre cae do lado contrario.
Arrancaba un novo
partido para o Fisober e non podía comezar mellor xa que os catro minutos
Noelia aproveitaba un balón morto na frontal da área para poñer en vantaxe as
da Costa.
A pesar de
comezar perdendo as alcarreñas esperaban en media pista e as locais mesturaban
presión e agruparse. Os dous equipos vivían moi temerosos conscientes da importancia do
partido e as ocasións eran mínimas e no seu caso ben resoltas polas porteiras.
Mediada esta
primeira metade, viviuse un dos momentos
chave do encontro cando Inés non foi quen de superar a porteira rival nun man a man que puido poñer as da Costa con dous
goles de vantaxe.
Outro dos
momentos chave foi cando os doce minutos os colexiados sinalaban a sexta
falta , bastante protestada polas locais
, ningunha levaban as visitantes, que
supuxo un dobre penalti que non desaproveitou Xenia para igualar o partido.
Cambiaba o guión
do partido e ca espada de Damocles das faltas encima as locais tiñan que
esperar máis as visitantes.
Todo empeorou
cando a falta de tres minutos para o tempo de lecer Ana facía unha man na área
co conseguinte penalti, que lle supuxo o segundo cartón amarelo co cal o
Fisober perdía unha xogadora na súa xa mermada rotación.
Non desaproveitou
Elisa o penal para facer o segundo gol a prol das visitantes.As visitantes
íanse os vestiarios cun inxusto un a dous.
Na segunda metade os equipos seguiron co mesmo
guión do partido e as ocasións se chegaban eran desbaratadas polas porteiras,
cunha Leti moi segura por parte local.
A seis para o fin
as locais tiveron a súa mellor ocasión para igualada cunha falta indirecta no
borde do área, no cal o lanzamento de Noelia primeiro e o rexeite que quedou
nas botas de Mai despois foron desviadas
pola porteira visitante pechando as portas da igualada.
Nos últimos
segundos do partido e cas da Costa a desesperada, unha contra visitante era
finalizada por Virginia que se sacaba un dereitazo incrible para pechar un
igualado partido que volveu a caer de forma desfavorable para o Fisober.
A vindeira semana
toca derbi e rendir visita o Leis
Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario