SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO : TXANTREA – FISOBER F.S.F. : 4-2.
TXANTREA : Goñi,
María, Ane, Ibañez e Nerea ; tamén xogaron : Virginia, Rebeca, Rizos, Maider e
Urra.
FISOBER : Anabel,
Patri, Elsa, Inés e Ana ; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Raquel i Eva.
ÁRBITROS : Stalyn Bravo e Jesús María Ramos , CRONO : Manuel
Franco.
GOLES : 1-0 Maider , 2-0 Rebeca , ( descanso ) , 3-0 Nerea, 3-1 Inés, 3-2 Ana, 4-2 Nerea.
Partido disputado
o sábado en Pamplona co que finaliza o ano 2013 para o Fisober na categoría
Nacional. A vitoria quedouse en terras navarras, nun partido que estivo moi
igualado e que se levou o equipo máis efectivo nos metros finais.
Saíron os dous
equipos a pista moi temerosos e pensando máis en gardar a roupa que en atacar.
Ningún dos dous quería dar un paso en falso sabedores de que o se adiantara
tiña moito ganado.
Así transcorrían
os minutos sen apenas ocasións. A máis clara foi cando a visitante Inés se
atopou co pau os seis minutos.
Nada cambiaba e
solo algún tiro lonxano poñía en apuros as porteiras. Ata que os doce minutos
un xogada de balón parado era aproveitada por Maider no segundo pau para marcar
a pracer, a importancia do segundo pau no fútbol sala, sobre todo sabendo que segundos
antes as visitantes non aproveitaran unha xogada similar.Resultado en contra
para as da Costa.
Fíxolle dano este gol, xa que comezaron a sufrir algo
máis, cun dominio local pero sen ser agobiante, a ocasión máis clara foi un
tiro o pau da local Virginia.
Cando parecía que
se chegaría con ese resultado o tempo de lecer de novo unha xogada de balón
parado que tan ben traballan as navarras propiciou o dous a cero por parte de
Rebeca a 36 segundos para o final. E puido ser pero xa que nos derradeiros
segundos tivo que sacar Raquel un
lanzamento o pau das locais que se paseou pola raia.
A saída de
vestiarios foi distinta, o partido cambiou de guión, as visitantes foron un
pouco máis agresivas e acumularon ocasións nos primeiros minutos pero a meta
local Goñi parecía infranqueable.
Desfixo ata catro
claras ocasións a Ana, Patri, Noelia e incluso un libre indirecto na frontal do
área. Non había maneira de superala , Goñi estaba a ter unha gran actuación.
E cando máis
apretaba o Fisober unha contra local rematou co terceiro gol das navarras obra
de Nerea a doce para o fin.
Todo parecía perdido xa, pero un roubo de
balón a nove para o fin propiciou unha
contra das da Costa que rematou co gol de Inés. E solo un minuto despois era
Ana a que remataba para o tres a dous.
Voltabamos a ter partido. Nese mesmo
minuto Patri tivo a ocasión para o tres a tres pero Goñi aparecía de novo.
A cinco para o
fin un erro nun despexe das visitantes propiciou que Nerea de novo encarara a
Eva para poñer o catro a dous.
Nos últimos tres
minutos e medio as da Costa saíron co ataque de cinco pero apenas crearon
perigo e as ocasións máis claras tivéronas case co tempo cumprido as visitantes
Noelia e Raquel.
O máis positivo
do partido foi que Eva, Myrella e Patri
voltaron das súas lesións e en principio con boas sensacións.
Dende aquí desexar a todos os siareiros do Fisober unhas Felices Festas de Nadal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario