SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO : FISOBER F.S.F. – 4 ARCOS LOGROÑO: 4-4.
FISOBER : Anabel,
Patri, Elsa, Ana e Noelia ; tamén xogaron : Raquel, Inés
e Olalla.
4 ARCOS : Ana
Palacios, Ana, Ana Sesma, Elena, Amor ; tamén xogaron : Joanna.
ÁRBITROS : Jesús
Otero e Rubén Ferrero ; CRONO : Jose González.
GOLES : 1-0 Elsa , 1-1 Amor, 2-1 Inés, 2-2 Ana , ( descanso ) , 2-3
Ana Sesma, 3-3 Raquel, 4-3 Ana, 4-4
Elena.
Recuperou este sábado en Vimianzo o Fisober partido aprazado da terceira xornada que o
enfrontaba o 4 Arcos Logroño. Un Fisober que está nese momento da tempada Lei
de Murphy, na que a sorte non as acompaña, se algo pode saír mal está saíndo mal tanto nos partidos como no tema de
lesións.
Se no anterior
partido debutaba Martina na portería do primeiro equipo, esta semana tocoulle
debutar como títular en Segunda División a outra porteira do filial Anabel.
E iso que o
partido comezou ben para as locais xa
que Elsa no primeiro minuto marcaba o primeiro gol do partido cun lanzamento que se colou pola mesma escadra.
O Fisober dominaba
e as visitantes defendían no seu campo na busca de roubar e saír a contra. Os
tres minutos era Patri a que enviaba un balón o pau.
Os seis minutos
despois dunha longa posesión as locais nin recordaban que a xogada comezara co
saque da súa porteira e xogaron con ela,
co conseguinte libre indirecto que aproveitou Amor para igualar o partido.
O partido non
mudou posesión e control local e as visitantes pechadas tentando aproveitar algunha contra. E no
minuto nove era Inés de reviravolta a
que volvía a poñer en vantaxe as locais.
Pero a xogada
chave do partido foi a dez para o fin desta primeira metade, cando Joanna facía
unha forte entrada a Patri lesionándoa no nocello esquerdo, non podendo
continuar no partido e a espera da visita o trauma para saber o alcance da
lesión. Segunda amarela para a visitante despois de dúas entradas en dous
minutos.
Pero o Fisober entrou en shock pola lesión da
compañeira e non foi quen de aproveitar a superioridade, sen apenas crear
perigo neses dous minutos.
Co paso dos
minutos foi voltando a situarse o conxunto
local e continuou co mesmo guión o partido, pero a dous para o fin desta primeira metade unha
contra visitante era finalizada por Ana e de novo igualada no electrónico ca
que se chegou o tempo de lecer.
A volta de
vestiarios, continuou o partido como se viña disputando na primeira metade e a
local Inés tivo dúas grandes oportunidades unha despois dunha xogada de Noelia
a que non chegou e a segunda cun
lanzamento o pau.
Todo empeoraba
para as da Costa cando os catro minutos
desta segunda metade Noelia vía a segunda amarela por unha protesta. E as
visitantes si aproveitaron a superioridade cun gol de Ana Sesma para o dous a
tres.
Tocáballe remar
na dificultade as locais. Solo dous minutos despois Raquel aproveitaba unha
combinación do equipo para lograr o empate a tres.
Dende aquí ata o
fin foi un dominio total da posesión polas locais e as visitantes pechadas que
apenas chegaban nalgunha contra. A posesión e o dominio non era quen de superar a ferrea defensa das
rioxanas e cando a superaban aparecía a súa porteira.
Parecía que o
partido remataría con igualada a tres , cando a dous para o fin a capitana
local Ana conseguía de gran lanzamento o cuarto gol para as da Costa despois de
tanto sufrimento parecía que a vitoria
se quedaría en Vimianzo.
Pero non era o
día e pouco lles durou a ledicia xa que a un e medio para o fin un gran
lanzamento da visitante Elena, poñía de novo a igualada no electrónico co cal
se chegou o fin do partido.
Fotografías propias e do Facebook do Ribera Navarra no partido en Tudela no que o Fisober tamén xogou de branco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario