SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO : FISOBER F.S.F. – CALCEATENSE : 2-4.
FISOBER : Martina,
Patri, Ana, Noelia e Raquel ; tamén xogaron : Elsa, Inés, Nuria e Olalla.
CALCEATENSE :
Alaine , Rocío, Tania, Carla e Verónica ; tamén xogaron : Nuria e Tamara.
ÁRBITROS : Jorge
Varela e José Ángel Vilas ; CRONO :
María Jesús Mallo.
GOLES : 0-1
Carla, 0-2 Carla, 1-2 Nuria, 2-2 Patri ,
( descanso ) , 2-3 Carla, 2-4 Tania.
O Fisober recibía
o sábado en Vimianzo o Calceatense tentando sacar algo positivo e acercarse a parte nobre
da clasificación pero as visitantes foron máis efectivas e leváronse os tres
puntos. Quedaba claro que non foi o fin de semana do Fisober.
As baixas na
portería por lesión de Eva e Paula, esta última leva lesionada dende a
pretempada, provocaron o debut de Martina unha das porteiras do filial na
categoría.
O Fisober non
entrou ben no partido e non xogou ca intensidade que o fixera en Bilbao no seu
anterior partido.
As visitantes
tentaban aproveitar algunha contra para adiantarse ou aislar a súa pivot no un
para un e dende esa posición de vantaxe
propiciar o ataque.
E funcionoulles
xa que Carla lograba adiantar as súas. Tocáballe remar contra corrente o Fisober.
E peor se puxeron as cousas cando nunha contra de novo Carla marcaba e poñía o
cero a dous no electrónico.
Parece que nese
momento decidiu cargarse as pilas o Fisober e dar un pouco máis. Comezaron a
chegar as ocasións e a porteira visitante Alaine comezaba a ser protagonista.
Así a oito para o
fin desta primeira metade Nuria
aproveitaba un balón para poñer o un a dous.
E a catro para
chegar o tempo de lecer era Patri a que voltaba a igualar o electrónico.
Apareceron máis ocasión para as locais e algunha para as visitantes pero con
dous a dous chegouse o tempo de lecer.
A segunda metade
aparecía co mesmo guión ca primeira. Pero todo trocou cando Carla a dezaseis
para o fin facía o seu terceiro gol.
Voltaban a estar
por detrás no marcador as da Costa e a ter que remar. Seguiron dominando e con
ocasións , pero quizais xogaron demasiado precipitadas polas ansias de igualar
o tanteador.
Segundo ían
pasando os minutos máis protagonista se facía Alaine que non lle daba opción de
gol o Fisober. A máis clara para Raquel que non foi quen de superala no man a
man.
A falta de dous
minutos para o fin o Fisober decidiuse polo ataque de cinco con
porteira-xogadora, e conseguiron un oco para unha Inés
que tampouco foi quen de superar
a porteira.
A corenta
segundos para o fin Tania recuperaba un balón e poñía o definitivo dous a catro sen porteira.
A pesares de non
facer un bo xogo e de xogar demasiado ansioso o Fisober mereceu máis ante un
Calceatense que xogou tranquilo e aproveitou as súas oportunidades.
A liga agora
descansa aínda que o Fisober xogará o día 14 o seu partido aprazado fronte o 4
Arcos Logroño.
Imaxes de partidos anteriores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario