No que se refire os partidos este fin de semana tocáballe descansar a tódolos equipos do Fisober, xa que nin en Segunda División , nin en Provincial había liga e o equipo infantil dispuña da xornada de descanso.
Pero o primeiro equipo xogará o partido aprazado na xornada 3 fronte o 4 Arcos Logroño debido a que as rioxanas non dispuñan das xogadoras suficientes naquelas datas por mor de lesións.
O partido disputarase no Pavillón de Vimianzo o sábado día 14 a partires das 18 horas e os colexiados asignados son Otero Baltasar, Ferrero Carballal e González Vázquez do colexio pontevedrés.
O Fisober contará ca baixa segura da porteira Eva por lesión, unida a de larga duración de Paula, o que dará a alternativa de novo as porteiras do filial Anabel e Martina.
Partido chave para o Fisober se quere afastarse da zona de descenso da clasificación . As rioxanas son colistas pero o seu equipo parece ser que foi mudando nas últimas xornadas ca chegada de fichaxes, na última xornada disputada igualaron co Fervenza a tres goles. Pola súa banda o Fisober no último partido caia fronte o Calceatense tamén como local.
Non deben fiarse as da Costa xa que a tempada pasada, teñen un bo exemplo, en parecidas circunstancias recibiron un forte pau e caeron por 1 a 7 fronte as rioxanas. Mentras que meses antes ganaran en Logroño por 0 a 3.
Futbolsalaweb.
Piratas de Muxía.
Recordar que o Fisober B xa disputou a xornada 9 o pasado venres co cal non terá partido oficial ata Xaneiro, venceu por 2 a 9 o Troula en Betanzos. Co cal pasaran uns días na quinta posición da táboa ata que os diferentes equipos vaian recuperando partidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario