LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : TROULA – FISOBER F.S.F. “B” : 2-9.
TROULA: Estefanía, Gloria, Noelia, Silvia e Olaya ; tamén
xogaron : Sandra, Susana, Sarela e Yvone.
FISOBER B : Martina, Andrea, Paula Fandiño, Tamara e Laura ; tamén xogaron : Inés e Anabel.
ÁRBITRO : Álvaro
Rubert , CRONO: Inés Pombo.
GOLES: 1-0 Olaya ,
2-0 Silvia , 2-1 Laura, 2-2 Inés, (
descanso) , 2-3 Anabel , 2-4 Inés, 2-5 Anabel, 2-6 Laura, 2-7 Paula Fandiño, 2-8
Paula Fandiño, 2-9 Inés.
Adiantaba a tarde
do venres o filial do Fisober o seu partido da novena
xornada fronte o Troula de Betanzos que
debía disputarse o vindeiro día 21 de Decembro a petición das locais, cunha moi boa presenza de público
no Municipal de Betanzos.
Para o Fisober B
o mellor foi o resultado xa que fixo un mal partido, sobre todo na primeira
metade. As baixas no filial propiciaron que a porteira Anabel participara como xogadora de campo.
As da Costa
comezaron durmidas, imprecisas, erráticas no pase, parecía que aínda non
chegaran o partido. As locais aproveitárono e en tres minutos o resultado xa
era de dous a cero gracias os goles primeiro de Olaya e pouco despois de Silvia.
O partido era un
ida e volta cheo de imprecisións, o filial seguía sen atoparse, pero o Troula levaba xa dous goles de vantaxe. Ata que mediada esta
primeira metade Laura reducía diferenzas e voltaba a poñer no partido o filial
do Fisober.
A oito para
chegar o tempo de lecer a visitante Inés
igualaba o partido e dáballe outra perspectiva.
Nestes últimos minutos
da primeira metade os dous equipos tiveron opcións de desnivelar a balanza pero o resultado non se moveu. A máis clara para as da Costa era para Inés que enviaba un tiro a trabe.
A saída do tempo
de lecer do filial xa foi diferente, saíron con outra intensidade e en dous minutos devolveulle a moeda o Troula
da primeira metade con goles de Anabel para o dous a tres e Inés para o dous a
catro.
O partido
cambiaba totalmente de guión , o Fisober
B gañou en tranquilidade e mellorou algo
con respecto a primeira metade , deixando de pasar as penurias defensivas da primeira.
Os seis minutos
Anabel facía o quinto e un minuto
despois Laura o sexto o que aclaraba o partido para as visitantes.
Mediada esta
segunda metade un saque de esquina de Paula Fandiño topou nunha xogadora local
e foi o sétimo gol do filial e pouco
despois a propia Paula facía o oitavo.
Nos últimos
minutos os dous equipos tentaron ampliar o número de goles do seu lado do
electrónico. Polas locais o perigo viña case sempre da man da infantil Noelia,
que gustou moito, que incluso enviou un lanzamento o pau , tamén
gozaron dun dobre penalti que non foi
quen de transformar Gloria.
As visitantes
tamén tiveron ocasións claras pero a única que logrou materializalas foi Inés
para o definitivo dous a nove.
Co tempo a cero
as locais dispuxeron dun novo dobre penalti que tampouco foron quen de aproveitar.
En definitiva
gran resultado para o Fisober B nun mal
partido, rachando así a súa xeira de derrotas, un
filial que o adiantar esta xornada non
voltará a ter partido oficial ata o vindeiro 11 de Xaneiro recibindo o 5
Coruña, deberá aproveitar os
adestramentos para correxir erros,
mellorar e non quedarse co simple
resultado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario