LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : A FERVENZA “B” – FISOBER F.S.F. “B” : 4-2.
A FERVENZA B: Carla, Raquel, Raquel Felpete, Natalia e María
; tamén xogaron : Andrea Rodríguez,
Andrea de Paz, Antía, Sara, Candela e Cristina.
FISOBER B : Anabel, Noelia, Andrea, Tamara e Paula Fandiño ; tamén xogaron : Laura e
Alejandra.
ÁRBITRO : J.J.
Romaus , CRONO : M. Filgueira
GOLES : 1-0
Andrea Rodríguez, 2-0 Andrea de Paz , ( descanso ), 2-1 Paula Fandiño, 3-1 Natalia, 4-1 Andrea de Paz, 4-2 Paula Fandiño.
O filial do
Fisober desprazábase na tarde do sábado a Narón para disputar un duelo de
filiais, e desta vez tocoulle xogar de vermello as da Costa pero parece que non
lles deu sorte e seguen ca súa mala xeira de resultados, ante un A Fervenza B
que se colocou líder.
Arrincaba o
partido con dominio local e o Fisober B tentando defenderse e saír a contra. A
pesares das ocasións locais o electrónico non se movía e de vez en cando as
visitantes poñían en algún que outro apuro a portería local.
Cando se entraba
nos últimos minutos da primeira metade Andrea Rodríguez aproveitaba a súa
oportunidade e dáballe vantaxe A Fervenza B. Parecía que se chegaría con ese
resultado o tempo de lecer pero Andrea de Paz facía o segundo para as locais
chegando o último minuto.
A volta dos
vestiarios o dominio local xa non era tan palpable e non chegaban co perigo da
primeira metade.
E así mediada esta segunda metade Paula Fandiño aproveitaba
unha falta indirecta para apretar o electrónico poñendo o conseguinte medo no
corpo as locais.
Nos últimos
minutos dous goles case seguidos de Natalia e Andrea de Paz pechaban
definitivamente o encontro e deixaban a vitoria na casa.
A pouco para o
fin de novo Paula Fandiño facía o definitivo catro a dous.
A pesares de que
a Liga sofre un parón de dúas semanas o Fisober B adiantará o venres día 6 o
partido que debía disputar o día 21 de Decembro a petición do Troula de
Betanzos, así que xogará en Betanzos o venres
e en principio logo non tería outro partido oficial ata Xaneiro.
Visión de A Fervenza.
Visión de A Fervenza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario